Historia
Durante os seus cincuenta anos de historia a Fundación Barrié apoiou o desenvolvemento de Galicia en todos os ámbitos: creando infraestruturas educativas e de comunicación, sendo pioneira na introdución das tecnoloxías no ensino, editando obras de referencia no eido das humanidades e da economía, outorgando bolsas para o mellor talento do noso país coa vista posta no retorno, participando activamente na loita pola conservación do patrimonio.
Convenio coa Catedral de Santiago
2006
Co convenio para a restauración das bóvedas e arcos da capela maior, restauración do Pórtico da Gloria e a ordenación do Museo Catedralicio, comezaba a intervención coordinada na Catedral de Santiago que levaría o nome de Programa Catedral.
anterior
siguiente
Inicio dos estudos no Pórtico da Gloria
2008
Instalación das estadas e inicio dos estudos previos á intervención no Pórtico da Gloria. O procedemento, determinado polo panel de expertos de prestixio internacional, esixe a monitorización do Pórtico durante o ciclo completo dun ano, para determinar as condicións atmosféricas. O simple fotografado e cotexo con fotografías tomadas para outros proxectos determina unha deterioración enorme na policromía, acelerada nos últimos anos.
anterior
siguiente
Visitas ao Pórtico da Gloria
2009
Seguindo o exemplo doutras restauracións, a instalación das estadas permitirá unha visión insólita do Pórtico da Gloria, que se aproveitará para fins didácticos. Ademais de posibilitar contemplar a obra de Mateo moi de preto, as visitas permitirán dar a coñecer o estado de deterioración da obra, xa que a concienciación social é unha clave importante para a defensa do patrimonio.
anterior
siguiente
Máis Social
2011
A propia dinámica do terceiro sector social, moi vencellado ao asociacionismo e ao voluntariado, fai que en moitas ocasións se desenvolva á marxe das ferramentas de xestión de probado éxito noutros sectores. Esta é a razón do programa Máis Social, que busca a profesionalización das institucións e asociacións para facer aínda máis eficaz o seu extraordinario traballo.
anterior
siguiente
Fondo de Investimento en Ciencia
2011
A creación dun Fondo de Investimento en Ciencia permitiu á Fundación participar nas áreas máis innovadoras do coñecemento e colaborar no achegamento entre a investigación científica en Galicia e o circuíto económico.
anterior
siguiente
Pórtico Virtual visita o Victoria&Albert Museum
2012
A colección de baleirados de obras escultóricas do Vitoria and Albert Museum ten moito que ver coa valorización do Pórtico da Gloria por parte da Inglaterra victoriana e, polo tanto, a nosa, pois -como dicía Serafín Moralejo- "o Pórtico da Gloria é un descubrimento da Inglaterra Victoriana". Alí púidose comparar a obra de Mateo coa Columna Traxana ou o David de Miguel Anxo en termos da súa importancia na historia da cultura. Quixemos levar a este mesmo museo o calco en tecnoloxía 3D do século XXI que supón a exposición do Pórtico Virtual, acompañado dunha xornada de estudo
anterior
siguiente
2013 - Portal das Palabras
2013
O Portal das Palabras é unha acción dentro do marco do convenio para a modernización da lexicografía en Galicia, que abarcaba desde a modernización da produción do dicionario ata a modernización da súa difusión pública, dotando de software específico ao Seminario de Lexicografía, creando unha plataforma para o traballo dos académicos e ofrecendo na web e nos dispositivos móbiles un dicionario coa mesma calidade tecnolóxica que a dos grandes dicionarios anglosaxóns. A súa función é mellorar o coñecemento e estimular o aprecio polo tesouro léxico de Galicia.
anterior
siguiente
Bolsas Andrew W. Mellon
2014
A convocatoria de Bolsas en conxunto coa Fundación Andrew W. Mellon, unha das máis prestixiosas e antigas fundacións de Estados Unidos, significaba un paso importante á hora de pór de relevo o alcance internacional do proxecto de restauración do Pórtico da Gloria.
anterior
siguiente
A Coleccion en Centro Centro Cibeles
2015
A Colección de Arte Contemporánea Internacional da Fundación, que naceu co dobre propósito de traer a Galicia obras representativas da arte que se fai hoxe no mundo e de dar difusión ao que hoxe fan os nosos artistas, non tería sentido sen un esforzo pola súa presentación en foros como o que nos brindou o Concello de Madrid no emblemático edificio de Antonio Palacios.
anterior
siguiente
2006
Convenio coa Catedral de Santiago
2008
Inicio dos estudos no Pórtico da Gloria
2009
Visitas ao Pórtico da Gloria
2011
Máis Social
Fondo de Investimento en Ciencia
2012
Pórtico Virtual visita o Victoria&Albert Museum
2013
2013 - Portal das Palabras
2014
Bolsas Andrew W. Mellon
2015
A Coleccion en Centro Centro Cibeles