Informes
Informes
Co convencemento sobre a utilidade da ciencia para mellorar a calidade de vida e para incrementar a competitividade da nosa economía, a Fundación Barrié ten publicado diferentes informes sobre a ciencia en Galicia como un complemento estratéxico aos seus eixos de actuación postos en marcha para optimizar os resultados de investigación e achegalos ao mercado e á sociedade.
A Ciencia en Galicia. Informe 1
Este informe, publicado en 2011, foi o primeiro diagnóstico completo do estado da situación do sistema de ciencia en Galicia. Representa unha análise en profundidade que percorre todos os ámbitos clave do sistema, desde o investimento, os recursos humanos e a produción científica até a transferencia de coñecemento e a actividade patentadora.
Informe elaborado pola Fundación Barrié.
DESCARGA O INFORME
A transferencia de resultados de investigación no Sistema Galego de I+D. Informe 2011-2018
Este informe, publicado en 2021, ofrece unha panorámica detallada de todos os indicadores relevantes sobre as capacidades e resultados dos centros de coñecemento de Galicia no tocante á posta en valor no mercado do coñecemento que producen.
Informe elaborado no marco do Programa Ignicia Transferencia de Coñecemento que a Fundación Barrié promove en colaboración coa Axencia Galega de Innovación (GAIN).
DESCARGA O INFORME
Análise organizativa e funcional das unidades de transferencia do Sistema Galego de I+D
Informe, publicado en 2021, centrado na análise da organización das unidades que xestionan a transferencia nos centros galegos, a súa actividade e o perfil dos seus profesionais.
Informe elaborado no marco do Programa Ignicia Transferencia de Coñecemento que a Fundación Barrié promove en colaboración coa Axencia Galega de Innovación (GAIN).
DESCARGA O INFORME
CONTIDOS RELACIONADOS