Ktorce-18

Ktorce-18. Obradoiros para a prevención de condutas infractoras, acoso escolar e violencia de xénero

Pechado o prazo de inscrición

A Fundación Barrié en colaboración coa Asociación Arela promove Ktorce-18, programa de prevención de condutas delituosas entre os menores no que se abordará a problemática de condutas infractoras na actividade diaria, as situacións de risco, o acoso escolar, o maltrato nas aulas , coa finalidade de informar, previr e facer máis consciente ao alumnado das consecuencias sociais e xurídicas destes comportamientos según a Lei do Menor.

Ktorce-18 diríxese ao alumnado da ESO e de Formación Profesional Básica de centros educativos de toda Galicia cunha tripla proposta de obradoiros:
  • Obradoiro de prevención de condutas infractoras dirixido ao alumnado de 2º a 4º da ESO e de Formación Profesional Básica
  • Obradoiro de acoso escolar dirixido ao alumnado de 1º a 4º da ESO e de Formación Profesional Básica
Desde a súa posta en marcha no ano 2012 este programa contou con máis de 39.000 participantes entre alumnos, pais e profesores.
 
  • Formato do obradoiro: aula (máximo 30 alumnos)
  • Duración do obradoiro: 100 minutos
  • Medios necesarios: aula que conte con ordenador, pantalla ou parede para proxectar, son, lousa e preferiblemente acceso a internet
  • Modo de inscrición: correo electrónico a ana@arela.org
  • Periodo de desenvolvemento do programa: curso 2023-2024
  • Número de obradoiros por provincia:
  • A Coruña 35
  • Pontevedra 35
  • Lugo 10
  • Ourense 5
  • Prazo de inscrición: pechado

VIDEO

Conferencia: "O reto do acoso escolar"

Fundación Barrié

Conferencia de José Antonio Marina: "Talento: intelixencia en acción"

Fundación Barrié

Práctica: "O reto do acoso escolar"

Fundación Barrié

CONTIDOS RELACIONADOS