Menos é máis

Menos é máis - Talleres para a prevención do consumo de drogas (Lugo)

Prevención do consumo de drogas

A Fundación Barrié organiza, en colaboración co Centro Penitenciario de Bonxe (Lugo), as charlas Menos é Máis para a prevención dos riscos das drogas e as súas consecuencias.

Menos é Máis está dirixido ao alumnado de Ensino Secundario, Bacharelato e Formación Profesional dos centros educativos públicos, privados e concertados de Lugo.
 
As charlas son impartidas por internos do Centro Penitenciario de Bonxe, quen relata en primeira persoa as circunstancias que lles levaron á comisión do delito e a súa experiencia persoal nun centro penitenciario.

Máis de 650 estudantes e 40 profesores de Galicia participaron en Menos é Máis desde a súa posta en marcha no ano 2017.

  • Datas de celebración das charlas: de xaneiro a xuño de 2022
  • Actividade gratuita: prazas limitadas
  • Preinscrición: a través de formulario
  • Participación: grupos escolares de máximo 50 alumnos por centro
  • Duración da charla: hora e media
  • Prazo de solicitude de talleres 2022: aberto

CONTIDOS RELACIONADOS