Engánchate ao voluntariado

Engánchate ao Voluntariado - Talleres para a prevención de condutas delituosas

Preinscrición 2026-2027: desde o 4 de setembro

A Fundación Barrié organiza, en colaboración co Centro Penitenciario de Pereiro e a Asociación para a Prevención e a Educación Social (APES), Engánchate ao Voluntariado, co obxectivo de fomentar o voluntariado xuvenil como unha alternativa de lecer que favorece o desenvolvemento e as relación sociais ao mozos e mozas desde unha visión positiva e comprometida coa súa comunidade, previndo conductas delituosas.

Engánchate ao Voluntariado está dirixido a alumnado de Ensino Secundario, Bacharelato e de Formación Profesional de centros educativos de públicos, privados e concertados de Ourense.

Persoas internas do Centro Penitenciario de Pereiro de Aguiar previamente formadas en voluntariado, convivencia e prevención social, serán as encargadas de impartir un taller en cada centro educativo e acompañar ao alumnado no desenvolvemento dun proxecto de acción voluntaria.

Debido ás especiais características desta actividade, os talleres ofrécense a un número limitado de centros educativos para o curso académico 2026-2027. No caso de que o número de solicitudes supere o número de prazas dispoñibles, estas seleccionaranse conforme ao criterio do Centro Penitenciario.

Máis de 1.350 alumnos participaron desde a súa posta en marcha no 2016.

  • Datas de celebración dos talleres: de outubro 2026 a xuño de 2027.
  • Actividade gratuita.
  • Preinscrición: a través de formulario
  • Participación: 3 centros educativos (grupos escolares de máximo 50 alumnos por centro).
  • Duración da charla: hora e media.
  • Prazo de preinscrición dos talleres 2026-2027: desde o 4 de setembro.
  • Comunicación aos centros seleccionados: a través de correo electrónico.

CONTIDOS RELACIONADOS