Colección de Arte Contemporánea

A Colección. Selección da colección permanente de arte contemporánea internacional

Sede A Coruña

A colección de arte contemporánea internacional da Fundación Barrié, iniciada en 2008, construíuse no marco do seu tradicional apoio ás Artes desde diversos ámbitos, defendendo que a pintura é unha idea e unha forma de pensar, en moitos casos, sobre a propia pintura, obrigándonos a reflexionar e repensar de xeito continuo o seu lugar, así como o porqué e o cómo seguir a pintar.


A exposición amosa unha coidada selección dalgunhas das obras máis representativas da colección como Aiinaa do minimalista alemán Imi Knoebel; The history of wealth do estadounidense Jonathan Lasker; Look!! Look!! Look!! da artista británica Fiona Rae, compoñente da exposición Sensation comisariada por Damien Hirst en Saatchi; Panorama pink flamingos do francés Jean-Marc Bustamante; Llanos do británico Jason Martin, considerado herdeiro do Action Painting e de artistas como Jackson Pollock; Sen título de Yves Oppenheim baseada na tradición abstracta de Léger ou Delaunay; And it feels like love da estadounidense Shinique Smith ou Loose Fit de Ángela de la Cruz, a artista coruñesa máis contemporánea e finalista do Premio Turner en 2010, por mencionar algúns.

GALERÍA DE IMAXES

  • IMI KNOEBEL AIINAA, 2003 ACRÍLICO SOBRE ALUMINIO 307 X 458 X 11 CM

    COLECCIÓN FUNDACIÓN BARRIÉ

  • JONATHAN LASKER THE HISTORY OF WEALTH, 2008 ÓLEO SOBRE LIENZO 183 X 269 CM

    COLECCIÓN FUNDACIÓN BARRIÉ

  • SHINIQUE SMITH AND IT FEELS LIKE LOVE, 2009 TÉCNICA MIXTA (ACRÍLICO, ACUARELA, GOUACHE), TEJIDO, COLLAGE, PURPURINA Y OBJETOS SOBRE TELA 244 X 366,5 CM

    COLECCIÓN FUNDACIÓN BARRIÉ

CONTIDOS RELACIONADOS