Capacitación de Xestores de Transferencia

Capacitación de Xestores de Transferencia

Programa de Acreditación RTTP 2019 – 2021 para Xestores de Transferencia

A Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta de Galicia e a Fundación Barrié desenvolven esta iniciativa de forma conxunta, dando continuidade ao labor da Fundación Barrié na formación de xestores de transferencia, co obxectivo de avanzar cara a un cambio de cultura dentro da carreira investigadora e estimular o achegamento dos investigadores a actividades de transferencia e emprendemento.
 
O “Programa de acreditación RTTP 2019-2021”, que se estenderá ao longo do trienio 2019 -2021, está dirixido a xestores de transferencia de tecnoloxía do Sistema Galego de Innovación. A participación nos cursos e a obtención da acreditación está financiada por GAIN e a Fundación Barrié.

O “Programa de acreditación RTTP 2019-2021” facilita a obtención da acreditación Registered Technology Transfer Professional de ATTP – Alliance of Technology Transfer Professionals. Para iso levará a cabo un ciclo formativo específico e proporcionarase mentorización para a preparación do dossier acreditativo para a obtención da certificación.


CONTIDOS RELACIONADOS