Restauración do Pórtico da Gloria
Restauración do Pórtico da Gloria
O proxecto de conservación e restauración do Pórtico da Gloria e o seu contorno, englobado no Programa Catedral de Santiago, constitúe un proxecto multidisciplinar que ten como obxectivo non só preservar esta obra cumio do románico europeo senón transmitir á sociedade o seu valor histórico-artístico e a importancia da conservación do Patrimonio.
O proxecto foi posible grazas ao mecenado exclusivo da Fundación Barrié, cun investimento de máis de 6 millóns de euros, como reflexo do seu compromiso coa recuperación do patrimonio histórico e cultural de Galicia.
O proceso de restauración desenvolveuse en varias fases, iniciándose no ano 2006 froito da situación crítica na cal se encontraba o Pórtico da Gloria, con constantes desprendementos de material e afectado por complexos mecanismos físico-químicos de degradación de materiais. A intervención, promovida pola Fundación Catedral e a Fundación Barrié coa coordinación técnica do Instituto do Patrimonio Cultural de España do Ministerio de Cultura e Deporte e a supervisión da Xunta de Galicia, permitiu estabilizar o conxunto e preservar a policromía que aínda se conserva dun risco inminente de perda definitiva, conservándoa para futuras xeracións.
Esta iniciativa da Fundación Barrié destacada como exemplo de mecenado privado polo Ministerio de Cultura de Francia, recibiu numerosos recoñecementos como o Premio de Patrimonio Europeo / Premio Europa Nostra 2019, o Premio SERenidade 2018 da Cadena Ser; o Premio Patrimonio 2013 do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España; o Premio Fundación Círculo de Economía ao Patrocinio e Mecenado Empresarial en 2012; o Premio Cultura Galega ás Iniciativas a prol do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia en 2010; entre outros.
GALERÍA DE IMAXES
VIDEO
CONTIDOS RELACIONADOS