#SenVandalismo

Investigadores Sociais:#SenVandalismo

Pechado o prazo de preinscrición

A Fundación Barrié en colaboración coa Asociación para a Prevención e a Educación Social (APES) presenta #SenVandalismo, proxecto socioeducativo pioneiro a nivel autonómico para a prevención do vandalismo entre a mocidade.

#SenVandalismo diríxese ao alumnado de 5º e 6º de primaria de centros educativos de Galicia que se formarán como “Investigadores Sociais” e adquirirán un rol de axentes activos na súa comunidade, tendo como axudantes no proceso as súas familias, docentes e a APES. A longo das distintas sesións do proxecto, alumnado e profesorado obterán e afianzarán coñecementos sobre o vandalismo que se dá tanto no seu centro educativo como no seu barrio e contorna, e terán a oportunidade de deseñar e levar a cabo unha acción social para incidir sobre esta problemática, establecendo alianzas con entidades e instituciones para realizar un servizo á comunidade.

#SenVandalismo é un proxecto de aprendizaxe-servizo (ApS), metodoloxía que combina a aprendizaxe curricular e o servizo á comunidade e que ademais está aliñado cos ODS: #4 Educación de Calidade, #11 Cidades e Comunidades Sostibles e #17 Alianzas para lograr os obxectivos.

    


Desde o ano 2018 coa posta en marcha do proxecto piloto no Colexio Divina Pastora de Ourense, participaron en #SenVandalismo 489 mozos en Galicia.

  • Nº máximo de centros participantes: 10 e 3 centros en lista de reserva
  • Nº máximo de alumnos por centro: grupos de ao redor de 30 alumnos
  • Prazo de preinscripción: aberto ata cubrir prazas
  • Comunicación aos centros seleccionados: a través de correo electrónico
  • Duración: 6 horas y media distribuídas en 5 sesións presenciais e 2 sesións online de 50 minutos cada unha e, 90 minutos de traballo autónomo do alumnado.
  • Periodo de desenvolvemento do proxecto: 6 meses (de outubro 2022 a marzo 2023)
  • Medios necesarios: conexión a internet na aula ou espazo habilitado para as sesións e acceso á plataforma dixital de aprendizaxe do centro educativo.

CONTIDOS RELACIONADOS