Pictoeduca

Pictoeduca

Programa de axuda para educadores, familias e tutores de persoas neurodiversas

Pictoeduca é un portal universal e gratuíto en Internet, onde educadores e pais de persoas neurodiversas poidan tanto descargar como subir contidos (leccións) de diferentes disciplinas, utilizando para iso os recursos didácticos que ofrece o portal, adaptándoos ás necesidades, inquedanzas, ritmos e estilos de aprendizaxe de cada persoa.
 
O obxectivo do portal é, por unha banda, facilitar un proceso de aprendizaxe adaptado aos cánons da diversidade educativa e, por outra, chegar a constituír unha comunidade de educadores onde se compartan experiencias e coñecemento. As leccións poden estar compostas por diversos elementos como texto, imaxes, vídeo, pictogramas, documentos, preguntas ou un quiz.
 
Pictoeduca diríxese a persoas con necesidades de apoio educativo (NEAE), especialmente aquelas que presenten maiores dificultades para acceder ao currículo educativo a causa das súas dificultades de comunicación.
 
Está accesible en https://www.pictoeduca.com/, así como nas App iOs  iOS: https://goo.gl/w2gSuk e Android https://goo.gl/w2HhRM

VIDEO

Pictoeduca

Fundación Barrié

CONTIDOS RELACIONADOS