Torneo de Debate Académico de Galicia (TDAG)

Torneo de Debate Académico de Galicia (TDAG)

A Fundación Barrié organiza o VI Torneo de Debate Académico de Galicia (TDAG) co obxectivo de fomentar no alumnado de ESO e Bacharelato o desenvolvemento das habilidades argumentativas e o pensamento crítico necesario para o éxito académico e profesional.

O TDAG diríxese ao alumnado de ESO e Bacharelato dos centros educativos (públicos, concertados e privados) de Galicia. Os equipos poderán estar formados por un mínimo de catro e un máximo de cinco participantes.

Categorías:
  • 1ª categoría (1º, 2º e 3º de ESO)
  • 2ª categoría (4º de ESO, 1º e 2º de Bacharelato)
A competición realizarase na sede da Coruña da Fundación Barrié (Cantón Grande, 9). Previo ao desenvolvemento da competición, impartiranse sesións de formación en oratoria e en iniciación ao debate académico.

Datas:
  • Preinscrición: do 7 de setembro ao 6 de outubro de 2023
  • Inscrición: do 9 ao 20 de outubro de 2023
  • Sesións de formación en liña: do 23 de outubro ao 10 de novembro de 2023
  • Competición: do 22 de xaneiro ao 2 de febreiro 2024 mañá e tarde
  • Final: venres 2 de febreiro de 2024 en horario de tarde
Actividade gratuita. Prazas limitadas

Preguntas de debate para cada categoría:

Pregunta desta edición para a 1ª categoría (1º, 2º e 3º ESO):
Debería o Estado poñer límites ao uso da internet e dispositivos móbiles a menores de 12 anos?

Pregunta desta edición para a 2ª categoría (4º ESO, 1º e 2º de Bacharelato):
Que é máis determinante no desenvolvemento dun individuo, a xenética ou o contexto?

CONTIDOS RELACIONADOS