LIÑA ESTRATÉXICA
Fondo documental
O servizo de biblioteca e arquivo responde ao obxectivo de preservar e difundir o patrimonio bibliográfico e documental de Galicia.
Entre os seus fondos salientan, de maneira especial, a biblioteca Martínez-Barbeito, a biblioteca García-Sabell, o arquivo Said Armesto, o arquivo multimedia das actividades desenvolvidas na Fundación e o seu fondo editorial.
Na actualidade conta cun catálogo con rexistros correspondentes a 40.000 volumes de monografías e publicacións periódicas. O acceso está aberto á investigación e documentación especializada, tanto nun marco institucional, en cuxo caso o investigador acreditará pertencer ao grupo pertinente (academia, universidade, instituto especializado etc.), como de índole privada, en cuxo caso o usuario se identificará co D.N.I. e dará motivación do seu interese polos fondos.
Servizos
- Consulta en sala (previa cita). Poderá solicitarse unha entrevista previa á consulta dos fondos, para identificar as obras que se van consultar e recibir asesoramento.
- Servizo de orientación bibliográfica e de referencia. O persoal da biblioteca ofrecerá orientación sobre a composición da colección e identificación de fondos de interese para cada investigador, así como o manexo e consulta do catálogo, obras de referencia, etc.
- Servizo de información bibliográfica a través de correo electrónico sobre fondos e servizos que ofrece a Biblioteca.
- Reprografía.
Non está autorizada, como norma xeral, a reprodución dos fondos editados con anterioridade a devandita data. Autorizarase excepcionalmente dita reprodución de acordo coa política de conservación e editorial da Fundación.
Horario de atención a investigadores
Luns a xoves de 9:30 a 14:00
En agosto a biblioteca permanecerá pechada
Contacto
Teléfono: 981 06 00 90
Correo electrónico: biblio@fbarrie.org
CONTIDOS RELACIONADOS