GRADschool Emprendemento

GRADschool Emprendemento

GRADschool en Transferencia e Emprendemento

O GRADschool é un curso de formación práctica e experimental de catro días deseñado para que os investigadores posdoutorais, en particular aqueles cun mínimo de 2-3 anos de experiencia posdoutoral, adquiran competencias transversais para a transferencia de tecnoloxía e comercialización.

Nestes cursos adéstranse as competencias necesarias que permitan a estes investigadores facerse cargo do resultado das súas propias investigacións mediante a súa transferencia a empresas, institucións, ou a través da xeración de emprendemento de base tecnolóxica.

Os GRADschools son un programa de referencia no Reino Unido na formación e o desenvolvemento dos investigadores. Iniciáronse hai 40 anos e constitúen a base para o desenvolvemento de programas de formación para a empregabilidade e a transferencia de investigadores en universidades e centros de investigación de primeiro nivel nese país.

A Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta de Galicia e a Fundación Barrié desenvolven esta iniciativa de forma conxunta, dando continuidade ao labor da Fundación Barrié na formación de xestores de transferencia, co obxectivo de avanzar cara a un cambio de cultura dentro da carreira investigadora e estimular o achegamento dos investigadores a actividades de transferencia e emprendemento.

O curso "Transferencia de coñecemento e interacción co Sistema de I+d+I", de carácter gratuíto, está dirixido a persoal investigador posdoutoral, a investigadores contratados con cargo a proxectos de Universidades e Organismos Públicos de Investigación, así como a investigadores e tecnólogos dos Centros Tecnolóxicos.

O seu obxectivo é introducir ao persoal investigador nas bases da transferencia de coñecemento e a comercialización de resultados da I+D, ademais de contribuír ao desenvolvemento das seguintes capacidades: comprensión do valor da innovación e da investigación traslacional académica, as habilidades para presentar a investigación e conectar coa industria, e as estratexias para mellorar a produtividade da innovación nun entorno académico.

Título:Curso online "Transferencia de coñecemento e interacción co Sistema de I+d+I"
Datas de celebración: do 5 de marzo ao 14 de maio de 2021
Inscricións: formulario de inscrición dispoñible nesta ligazón.
Prazo de presentación de solicitudes: antes do 30 de novembro de 2019 ás 14:00 horas.
Número de prazas: 50


Máis información:

CONTIDOS RELACIONADOS