
Non ás drogas
Non ás drogas - Talleres para a prevención do consumo de drogas (Lugo)
Aberto o prazo de preinscrición
A Fundación Barrié organiza, en colaboración coa Unidade Terapéutica e Educativa do Centro Penitenciario de Monterroso (Lugo), as charlas Non ás Drogas para a prevención dos riscos das drogas e as súas consecuencias.
Non ás Drogas está dirixido ao alumnado de 3º e 4º da ESO, Bacharelato e Formación Profesional dos centros educativos públicos, privados e concertados da provincia de Lugo.
As charlas son impartidas por internos do Centro Penitenciario de Monterroso, os cales relatan en primeira persoa a súa experiencia na cadea así como as perdas persoais, familiares, laborais e de saúde derivadas do consumo de drogas. Trátase dunha sesión dinámica, e aberta á participación do alumnado e os docentes a través das súas preguntas e dúbidas.
Por mor das especiais características desta actividade, as charlas ofrécense a un número limitado de 6 centros educativos. No caso de que o número de solicitudes supere ao número de prazas dispoñibles, estas seleccionaranse conforme ao criterio do Centro Penitenciario.
Máis de 1.500 estudantes e 130 profesores participaron en Non ás Drogas desde a súa posta en marcha no ano 2013.
- Datas de celebración das charlas: desde outubro 2023 ata xuño 2024.
- Actividade gratuíta. Prazas limitadas.
- Preinscrición: a través de formulario
- Participación: grupos escolares de máximo 30 alumnos por centro
- Duración da charla: hora e media
- Prazo de solicitude de talleres 2023-2024: aberto
CONTIDOS RELACIONADOS