Di K Non

Di K Non - Talleres para a prevención do consumo de drogas (A Coruña e Lugo)

Pechado o prazo de preinscrición

A Fundación Barrié organiza, en colaboración coa Unidade Terapéutica e Educativa do Centro Penitenciario de Teixeiro (A Coruña), os talleres Di K Non para a prevención do consumo de drogas en adolescentes.

Di K Non está dirixido ao alumnado de Ensino Secundario, Bacharelato e Formación Profesional dos centros educativos públicos, privados e concertados das provincias de Lugo e A Coruña.
 
A actividade, baseada no intercambio de experiencias con internos da Unidade Terapéutica Educativa do Centro Penitenciario de Teixeiro, desenvolverase en dúas sesións:

  • A primeira sesión terá lugar no propio centro educativo. Membros do equipo de profesionais da UTE Teixeiro (Unidade Terapéutica e Educativa), acompañados por un grupo de internos de 6 ou 7 internos da mesma Unidade, realizan unha serie de actividades para compartir as súas vivencias, ofrecer información, propiciar reflexión e tratar de dar resposta ás inquedanzas do alumnado, axudándolles ao mesmo tempo a identificar situacións de risco. Unha das actividades é a obra teatral “O Soño de Vivir”, de 15 minutos de duración interpretada polos internos.  
  • A segunda sesión ten lugar no C.P. de Teixeiro, permitindo ao alumnado penetrar na realidade das persoas privadas de liberdade. Para esta segunda sesión establécese un máximo de 35 prazas por centro educativo (incluindo alumnos e profesores), por motivos de aforo.
Por mor das especiais características desta actividade, Di K Non ofrécese a un número máximo de 7 centros educativos para este curso académico 2024-2025.
 
Máis de 11.800 estudantes e 800  profesores e profesoras de Galicia participaron en Di K Non desde a súa posta en marcha no ano 2011. Unha experiencia única de sensibilización e concienciación sobre os riscos e as consecuencias do consumo de drogas.
 
Datas de celebración: desde outubro 2024 ata xuño 2025.
Actividade de gratuíta: prazas limitadas.
Preinscrición: a través do formulario
Participación: grupos escolares, solicitados polo centro educativo.
Prazo de solicitude dos talleres 2024-2025: pechado.

GALERÍA DE IMAXES

  • Programa DI K NON_1_Foto Rocío Cibes

    ©Fundación Barrié

  • Programa DI K NON_2_Foto Rocío Cibes

    ©Fundación Barrié

  • Programa DI K NON_3_Foto Rocío Cibes

    ©Fundación Barrié

  • Programa DI K NON_4_Foto Rocío Cibes

    ©Fundación Barrié

  • Programa DI K NON_5_Foto Rocío Cibes

    ©Fundación Barrié

  • Programa DI K NON_6_Foto Rocío Cibes

    ©Fundación Barrié

  • Programa DI K NON_7_Foto Rocío Cibes

    ©Fundación Barrié

  • Programa DI K NON_8_Foto Rocío Cibes

    ©Fundación Barrié

  • Programa DI K NON_9_Foto Rocío Cibes

    ©Fundación Barrié

  • Programa DI K NON_10_Foto Rocío Cibes

    ©Fundación Barrié

  • Programa DI K NON_11_Foto Rocío Cibes

    ©Fundación Barrié

  • Programa DI K NON_13_Foto Rocío Cibes

    ©Fundación Barrié

  • Programa DI K NON_14_Foto Rocío Cibes

    ©Fundación Barrié

CONTIDOS RELACIONADOS