Arquivo RSEAPS
Arquivo da Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago
A creación dende finais do século XVIII das Reales Sociedades de Amigos del País significou un intento de modernización e ilustración. Durante máis de un século foron as institucións que levaron a cabo os estudos previos a todo intento de mellora das condicións económicas dos respectivos países nos que se emprazaban. En Galicia foi a Real Sociedad de Amigos del País de Santiago de Compostela a que alcanzou máis desenvolvemento e o seu arquivo rexistra os estudos de racionalización da agricultura, a economía en xeral así como o fomento das artes e a elevación do nivel intelectual da sociedade.
Un arquivo vivo
O proxecto de dixitalización non remata coa posta a disposición das imaxes. Cómpre que o texto que garda o rico conxunto manuscrito da SEAP sexa accesible tamén aos navegadores e á busca a texto completo. Con ese obxectivo na mente, desde esta páxina convidamos á sociedade en xeral e á comunidade educativa en particular a que fagan historia e deixen a súa pegada.
Para accederes ao archivo RSEAPS clica aquí.
VIDEO
CONTIDOS RELACIONADOS