Historia
Durante os seus cincuenta anos de historia a Fundación Barrié apoiou o desenvolvemento de Galicia en todos os ámbitos: creando infraestruturas educativas e de comunicación, sendo pioneira na introdución das tecnoloxías no ensino, editando obras de referencia no eido das humanidades e da economía, outorgando bolsas para o mellor talento do noso país coa vista posta no retorno, participando activamente na loita pola conservación do patrimonio.
Creación dos Premios Vitalicios
1976
Ramón Otero Pedrayo, Eduardo Blanco Amor e Ramón de Artaza y Malvárez foron os primeiros intelectuais galegos destacados cunha distinción que buscaba recoñecer o seu traballo e sacrificio, en circunstancias moi difíciles. Seguiríanos Francisco Vales Villamarín, Anxel Fole, Álvaro Cunqueiro, Xosé Filgueira Valverde, Ramón Piñeiro, Francisco Fernández del Riego, Camilo José Cela, Gonzalo Torrente Ballester, Xosé Ramón e Fernández-Oxea "Ben-Cho-Shey", Domingo García-Sabell e Xosé Neira Vilas.
anterior
siguiente
Galicia Histórica
1976
A serie que comezara coa edición d'A Galicia Sueva de Casimiro Torres Rodríguez, viña xestándose nada menos que desde 1948, cando Sanchez Cantón definíaa como "non unha historia de Galicia, senón a posta ao día dos problemas do noso pasado, unha guía para quen trate de investigar os puntos aínda escuros do noso onte e as liñas reitoras da vida galega ao longo de milenios". Hoxe, cando chega xa ao seu volume número 33, constitúe unha panorámica xeral non só da nosa historia, senón da propia historia da historiografía, da historia do enfrontamento a eses problemas dos que Sánchez Cantón falaba.
anterior
siguiente
Galicia Viva
1979
A colección Galicia Viva que comezaría coa edición do libro de Ricardo Carballo Calero, Libros e autores galegos, unha panorámica de toda a literatura galega desde os trovadores que continúa a ser de utilidade bibliográfica, foi promovida pola Fundación e a Real Academia Galega e nela editáronse títulos de grande importancia como Cartas a Murguía ou o Dicionario Castelán-Galego da Academia.
anterior
siguiente
Literatura e Música popular de Galicia
1980
O proxecto de Dorothé Schubarth que culminará coa publicación do Cancioneiro Popular Galego comeza coa chegada a Galicia da musicóloga suíza para a recollida de poesía e música popular galega. Tras buscar axuda na Universidade de Santiago, Antón Santamarina sumouse ao proxecto. A Fundación comprometeríase a unha achega económica para o sostemento dos traballos de campo e a posterior edición do cancioneiro que chegaba con oportunidade pois era a fotografía, científica e con modernos medios de rexistro, dun mundo que cambiaría extraordinariamente nas décadas que seguiron.
anterior
siguiente
Bolsas para fillos de emigrantes
1981
A emigración foi durante a historia unha dramática realidade á que os galegos nos enfrontamos valentemente, mais sen perder xamais o arraigo coa nosa terra. As bolsas para fillos de emigrantes buscaban reforzar ese vencello coa nosa terra das xeracións nadas no exterior.
anterior
siguiente
Doación da bomba de cobalto
1981
A bomba de cobalto foi durante moitos anos o principal medio de aplicación da radioterapia, eficaz no tratamento de diversos tipos de cancro. Grazas á súa instalación no Hospital Universitario de Santiago, Galicia contou cun centro de tratamento ao nivel de moi poucos outros dentro de España.
anterior
siguiente
Luns culturais
1984
O Ciclo de Conferencias os Luns Culturais deu a posiblidade de escoitar de viva voz a moitos dos protagonistas da cultura e da sociedade nos anos arredor da Transición. Por el pasaron entre outros: Julián Marías, Fernando Chueca Goitia, Juan Rof Carballo, Enrique Fuentes Quintana, Vicente Enrique y Tarancón, José Luis Pinillos, Francisco Grande Covián, Enrique Lafuente Ferrari, Dámaso Alonso, Federico Mayor Zaragoza, Carlos Seco Serrano, Severo Ochoa, Pedro Laín Entralgo, Juan Antonio Vallejo Nájera, Gonzalo Torrente Ballester, Camilo José Cela, Carlos Ferrer Salat, Joaquín Calvo Sotelo e Fernando Díaz Plaja.
anterior
siguiente
Primeira fundación española en someterse a auditoría independente
1984
O compromiso coa transparencia levou ao sometemento voluntario a unha auditoría externa independente. As auditorías non estaban daquela xeneralizadas en moitas empresas e no eido das fundacións, tratábase da primeira vez que se facía. Desde este ano a Fundación someteuse a esta revisión ininterrompidamente.
anterior
siguiente
1976
Creación dos Premios Vitalicios
Galicia Histórica
1979
Galicia Viva
1980
Literatura e Música popular de Galicia
1981
Bolsas para fillos de emigrantes
Doación da bomba de cobalto
1984
Luns culturais
Primeira fundación española en someterse a auditoría independente