Historia
Durante os seus cincuenta anos de historia a Fundación Barrié apoiou o desenvolvemento de Galicia en todos os ámbitos: creando infraestruturas educativas e de comunicación, sendo pioneira na introdución das tecnoloxías no ensino, editando obras de referencia no eido das humanidades e da economía, outorgando bolsas para o mellor talento do noso país coa vista posta no retorno, participando activamente na loita pola conservación do patrimonio.
Doación da Colección Lloréns
1988
Eva Lloréns doa á Fundación unha colección de 59 óleos e debuxos do seu pai, o pintor coruñés Francisco Lloréns (1874-1948).
anterior
siguiente
Fundacións europeas no horizonte do 92
1989
A lexislación sobre fundacións e en xeral o marco en que estas ían situarse na modernización xeral de España e a súa integración con Europa, foi obxecto deste congreso feito coa vista posta no ano crucial de 1992.
anterior
siguiente
Bolsas de posgrao
1990
Comezaba un dos programas polos que máis se identifica á Fundación, as Bolsas de Posgrao no Estranxeiro. O obxectivo era cubrir un sector da educación apenas estimulado por outras institucións e ao mesmo tempo permanecer fieis ao mandato de buscar o maior retorno para Galicia, a través dos criterios de selección e o incentivo dos lazos entre bolseiros e a fundación a través da Asociación de Bolseiros que se formaría uns anos despois.
anterior
siguiente
Instrumentos do Pórtico da Gloria
1991
O Pórtico da Gloria, non só é un cumio da escultura románica e o primeiro anuncio do gótico, as súas pedras gardan innúmeros secretos. Os vinte e catro anciáns, retratados no momento da afinación, gardan tamén as medidas exactas e proporcionadas dos instrumentos que na época de Mateo se usaban na catedral de Santiago. Un proxecto pioneiro do padre Calo e do profesor Carlos Villanueva fixo posible a súa reconstrución congregando os máis importantes especialistas e luthiers do mundo.
anterior
siguiente
Instituto de Estudos Económicos Pedro Barrié de la Maza
1994
O Instituto de Estudios Económicos de Galicia Pedro Barrié de la Maza (IEEG PBM) creado pola Fundación Barrié e o Banco Pastor en 1994, foi unha actividade da Fundación que, desde a independencia de criterio, tivo como fins o avance da ciencia económica de Galicia, a mellora do coñecemento da súa realidade socioeconómica e o desenvolvemento do seu capital humano nesta disciplina.
O obxectivo perseguido pola Fundación coa creación do IEEG PBM consistiu en dispoñer dun instrumento para o progreso en materia de coñecemento económico e a súa difusión, así como dun lugar de debate e de referencia intelectual sobre cuestións económicas, tanto para os responsables políticos como para os intereses privados en Galicia.
anterior
siguiente
1988
Doación da Colección Lloréns
1989
Fundacións europeas no horizonte do 92
1990
Bolsas de posgrao
1991
Instrumentos do Pórtico da Gloria
1994
Instituto de Estudos Económicos Pedro Barrié de la Maza