BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
DATA

O Pórtico da Gloria nas ondas

22/05/2020

A Fundación Barrié, promotora do proxecto de restauración do Pórtico da Gloria, pon a disposición do público unha serie de unidades didácticas que teñen como obxectivo ampliar o coñecemento sobre as diferentes facetas do monumento. Estas unidades didácticas non só van dirixidas á comunidade educativa senón tamén ao ámbito familiar, achegando o Pórtico da Gloria ao público de todas as idades.

Esta unidade didáctica desenvólvese dentro do currículo da materia de Relixión Católica. Nela, o alumnado desenvolve especialmente catro grandes dimensións (a ético-moral, a humanizadora, a cultural e a histórica). Potenciaranse especialmente as dúas últimas, posto que o patrimonio cultural, histórico e antropolóxico-axiolóxico que gran parte das sociedades reciben do pasado está vertebrado por contidos relixiosos. Neste senso, a Relixión católica deu os seus froitos na arte, e no tema que nos ocupa, a magnífica portada orixinal da catedral de Santiago, o Pórtico da Gloria.


ETIQUETADO EN: