BUSCAR
Memoria Anual 2023
IDENTIDADE VISUAL CORPORATIVA
SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER
Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié
Subscribirse
CONTACTO DE PRENSA
Suzana Mihalic
Directora de Comunicación e Imaxe Corporativa
T. +34 981 060 091 / 659 459 030
smihalic@fbarrie.org
32 Centros Tecnolóxicos distribuídos por todo o territorio nacional poderán beneficiarse da metodoloxía xa validada con éxito en Galicia
-
O convenio permitirá a Fedit utilizar o know how da Fundación Barrié para poñelo a disposición dos seus 32 Centros e así fomentar a investigación e transferencia ao mercado.
-
O Fondo de Ciencia da Fundación Barrié baséase no concepto de “investigación a risco” e pretende cubrir o “gap” que de xeito habitual non é atendido polas convocatorias competitivas, nin polas empresas, a través dos seus acordos habituais cos grupos de investigación.
-
A metodoloxía é unha folla de ruta adaptable centrada nas fases de valorización, proba de concepto e comercialización de resultados científico-tecnolóxicos.
A Coruña, 9 de xullo de 2019.- D. José María Arias Mosquera, presidente da Fundación Barrié e D. Carlos Calvo Orosa, presidente da Federación Española de Centros Tecnolóxicos, Fedit, e director general do Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG), asinaron hoxe, na sede da Fundación Barrié na Coruña, un convenio polo cal a Fundación Barrié transfire a metodoloxía do seu Fondo de Ciencia para a transferencia de resultados científico-tecnolóxicos ao mercado, á Federación Española de Centros Tecnolóxicos. Deste xeito, os 32 Centros Tecnolóxicos que integran esta rede nacional de investigación privada poderán beneficiarse dunha metodoloxía xa validada en Galicia.
O Fondo de Ciencia foi creado en 2011 e é unha ferramenta para establecer unha metodoloxía e crear unha ponte para que a investigación excelente chegue ao mercado e que o mercado o retorne pola vía das patentes, licencias, contratos con empresas etcétera.
En palabras de D. José María Arias Mosquera, “o Fondo de Ciencia da Fundación Barrié, baseado na filosofía 'aprender-mellorar facendo', serviunos como ferramenta para o deseño, desenvolvemento e a validación dunha metodoloxía contrastada desde a práctica que agora se pon a disposición da Federación Española de Centros Tecnolóxicos. Con iso cumprimos plenamente co noso obxectivo de deseñar e modelizar novos camiños que poidan ser replicados por outros axentes”.
Segundo D. Carlos Calvo Orosa: "este convenio supón un paso máis no achegamento e posta en valor da función que os Centros Tecnolóxicos realizan na sociedade a través da I+D+i que desenvolven para as empresas e a súa contribución ao desenvolvemento económico do noso país. Grazas ao Fondo de Ciencia da Fundación Barrié, seremos aínda máis eficientes na transformación do coñecemento en valor para a sociedade”.
Un Fondo de Ciencia para fomentar a innovación
A Metodoloxía naceu do Fondo de Ciencia da Fundación Barrié creado en 2011, no que financiou as fases de valorización, proba de concepto e comercialización de resultados científico-tecnolóxicos xerados no sistema de investigación galego con potencial comercial e liderados por científicos e investigadores de recoñecida solvencia. Así mesmo, actuou como socio estratéxico na valorización dos resultados de investigación, na súa explotación comercial e na súa difusión á sociedade, para o que contou co asesoramento dun conxunto de expertos de nivel internacional, entre os que se encontra a empresa de transferencia de tecnoloxía da Universidade de Oxford, ISIS Innovation. Ao longo de todo o proceso, a Fundación acompañou e apoiou de xeito moi próximo ao equipo en todas as fases do proceso, achegando intelixencia de negocio, capacidade de xestión, profesionalización da análise e estratexia, e puxo ao servizo do proxecto toda a rede de contactos que foi desenvolvendo ao longo dos seus 50 anos de historia. Como resultado, o Fondo de Ciencia, dotado con 5,5M€, apoiou cinco proxectos, dos cales catro proxectos continúan vixentes. Dous xeraron start-ups e outros dous están en fase de validación comercial.
Fedit
Fedit é a Federación Española de Centros Tecnolóxicos. Constituíuse en 1996 e desde entón traballa por impulsar e fomentar a Innovación, o Desenvolvemento Tecnolóxico e a Investigación privada para incrementar a competitividade das empresas a través do fortalecemento dos Centros Tecnolóxicos. É o principal axente dinamizador de I+D+I privada do país e un importante aliado das empresas na súa estratexia competitiva e de internacionalización. A Federación está composta por 32 Centros Tecnolóxicos, distribuídos por toda a xeografía nacional.
www.fedit.com
Fundación Barrié
A Fundación Barrié é unha fundación privada galega, creada en 1966 polo empresario Pedro Barrié de la Maza co obxectivo de fomentar o desenvolvemento socioeconómico e cultural de Galicia a través de programas nas áreas de Educación, Ciencia, Acción Social, Cultura e Patrimonio. Os programas na área de Ciencia obedecen a tres liñas estratéxicas e amosan un sólido compromiso da Fundación coa investigación en Galicia: apoio á investigación científica; formación do talento investigador e transferencia do coñecemento.
www.fundacionbarrie.org
RECURSOS DISPONIBLES
Imaxes