#SenVandalismo
Investigadores Sociais:#SenVandalismo
Pechado o prazo de preinscrición
A Fundación Barrié en colaboración coa Asociación para a Prevención e a Educación Social (APES) presenta #SenVandalismo, proxecto socioeducativo pioneiro a nivel autonómico para a prevención do vandalismo entre a mocidade.
#SenVandalismo diríxese ao alumnado de 6º de primaria e 1º da ESO de centros educativos de Galicia que se formarán como “Investigadores Sociais” e adquirirán un rol de axentes activos na súa comunidade, tendo como axudantes no proceso as súas familias, docentes e a APES. Ao longo das distintas sesións do proxecto, alumnado e profesorado obterán e afianzarán coñecementos sobre o vandalismo que se dá tanto no seu centro educativo como no seu barrio e contorna, e terán a oportunidade de deseñar e levar a cabo unha acción social para incidir sobre esta problemática, establecendo alianzas con entidades e instituciones para realizar un servizo á comunidade.
#SenVandalismo é un proxecto de aprendizaxe-servizo (ApS), metodoloxía que combina a aprendizaxe curricular e o servizo á comunidade e que ademais está aliñado cos ODS: #4 Educación de Calidade, #11 Cidades e Comunidades Sostibles e #17 Alianzas para lograr os obxectivos.
Desde o ano 2018 coa posta en marcha do proxecto piloto no Colexio Divina Pastora de Ourense, participaron en #SenVandalismo máis de 1.000 mozos en Galicia.
- Nº máximo de centros participantes: 10 (haberá lista de espera).
- Nº máximo de alumnos por centro: grupos de ao redor de 30 alumnos.
- Comunicación aos centros seleccionados: a través de correo electrónico
- Duración: 8 horas distribuídas en 5 sesións presenciais (4 delas de 50 minutos de duración cada unha e 1 acción social ou servizo á comunidade de 2/3 horas de duración), 1 saída con profesorado e 1 actividade a realizar coa súa familia.
- Periodo de desenvolvemento do proxecto: 4 meses (de outubro 2024 a febreiro 2025)
- Medios necesarios: conexión a internet na aula ou espazo habilitado para as sesións e acceso á plataforma dixital de aprendizaxe do centro educativo.
- Prazo de preinscrición: pechado.
CONTIDOS RELACIONADOS