Non ás drogas

Non ás drogas - Talleres para a prevención do consumo de drogas (Lugo)

Aberto o prazo de preinscrición

A Fundación Barrié organiza, en colaboración coa Unidade Terapéutica e Educativa do Centro Penitenciario de Monterroso (Lugo), as charlas Non ás Drogas para a prevención dos riscos das drogas e as súas consecuencias.
 
Non ás Drogas está dirixido ao alumnado de 3º e 4º da ESO, Bacharelato e Formación Profesional dos centros educativos públicos, privados e concertados da provincia de Lugo.
 
As charlas son impartidas por internos do Centro Penitenciario de Monterroso, os cales relatan en primeira persoa a súa experiencia na cadea así como as perdas persoais, familiares, laborais e de saúde derivadas do consumo de drogas. Trátase dunha sesión dinámica, e aberta á participación do alumnado e os docentes a través das súas preguntas e dúbidas.
 
Por mor das especiais características desta actividade, as charlas ofrécense a un número limitado de centros educativos. No caso de que o número de solicitudes supere ao número de prazas dispoñibles, estas seleccionaranse conforme ao criterio do Centro Penitenciario.
 
Máis de 1.860 estudantes e 160 profesores participaron en Non ás Drogas desde a súa posta en marcha no ano 2013.
 

  • Datas de celebración das charlas: desde outubro 2024 ata xuño 2025.
  • Actividade gratuíta. Prazas limitadas.
  • Preinscrición: a través de formulario
  • Participación: grupos escolares de máximo 30 alumnos por centro
  • Duración da charla: hora e media
  • Prazo de solicitude de talleres 2024-2025: aberto

CONTIDOS RELACIONADOS