BUSCAR
O Pórtico da Gloria: simetrías
22/05/2020
A Fundación Barrié, promotora do proxecto de restauración do Pórtico da Gloria, pon a disposición do público unha serie de unidades didácticas que teñen como obxectivo ampliar o coñecemento sobre as diferentes facetas do monumento. Estas unidades didácticas non só van dirixidas á comunidade educativa mais tamén ao ámbito familiar, achegando o Pórtico da Gloria ao público de todas as idades.
Esta unidade didáctica examina as simetrías do Pórtico da Gloria sobre o seu esqueleto. Para iso, antes de nada, despóxase ao Pórtico de todas as esculturas e demais ornamentos que o constitúen, quedarase exclusivamente co armazón do seu alzado. Isto que se fai é moi habitual no mundo das matemáticas: para estudar unha estrutura de aparencia complexa, simplifícase para facilitar o seu estudo unha vez suavizadas as súas dificultades e esquecidos aqueles detalles máis incómodos, é dicir, extráese un esquema básico, un modelo. A simplicación fundamental deste modelo é converter o Pórtico nunha figura xeométrica plana.