BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
DATA

Os instrumentos do Pórtico da Gloria: o Pórtico da Gloria (I)

22/05/2020

A Fundación Barrié, promotora do proxecto de restauración do Pórtico da Gloria, pon a disposición do público unha serie de unidades didácticas que teñen como obxectivo ampliar o coñecemento sobre as diferentes facetas do monumento. Estas unidades didácticas non só van dirigidas á comunidade educativa mais tamén ao ámbito familiar, achegando o Pórtico da Gloria ao público de todas as idades.
 
Esta unidade didáctica trata sobre os instrumentos medievais do Pórtico da Gloria. Nunha das actividades dunha ficha anterior descubriamos que no Pórtico só aparecen instrumentos de corda. Esta familia instrumental era a que se utilizaba para acompañar cánticos ou cancións, e como os anciáns do Pórtico están a prepararse para entoar o “Cántico Novo” do cal fala o Libro do Apocalipse, o Mestre Mateo tallou instrumentos de corda nas súas mans.


ETIQUETADO EN: