BUSCAR
O Pórtico da Gloria: os arcos (II)
22/05/2020
A Fundación Barrié, promotora do proxecto de restauración do Pórtico da Gloria, pon a disposición do público unha serie de unidades didácticas que teñen como obxectivo ampliar o coñecemento sobre as diferentes facetas do monumento. Estas unidades didácticas non só van dirixidas á comunidade educativa mais tamén ao ámbito familiar, achegando o Pórtico da Gloria ao público de todas as idades.
Esta unidade didáctica trata sobre os arcos. Na vida ordinaria, as matemáticas representan tan só un recurso máis que favorece unha mellor comprensión da realidade nas súas tan variadas facetas. Ademais, produto desa mellora no coñecemento do medio, facilitan que nos desenvolvamos nel máis lixeiros e, en ocasións, tomemos decisións axeitadas cando temos que resolver unha situación máis ou menos complexa.