BUSCAR
O Pórtico da Gloria: os arcos (I)
22/05/2020
A Fundación Barrié, promotora do proxecto de restauración do Pórtico da Gloria, pon a disposición do público unha serie de unidades didácticas que teñen como obxectivo ampliar o coñecemento sobre as diferentes facetas do monumento. Estas unidades didácticas non só van dirixidas á comunidade educativa mais tamén ao ámbito familiar, achegando o Pórtico da Gloria ao público de todas as idades.
Esta unidade didáctica trata sobre os arcos. Na estrutura do Pórtico as liñas que predominan de maneira abraiante, por non dicir única, son as rectas e as circunferencias, ou semicircunferencias se quixeramos ser máis precisos.