BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
DATA

Memoria Anual 2023

Memoria corporativa e edicións anteriores

SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse

CONTACTO DE PRENSA

Suzana Mihalic
Directora de Comunicación e Imaxe Corporativa


T. +34 981 060 091 / 659 459 030
smihalic@fbarrie.org


Este concurso lévase a cabo no marco do Programa DI K NON

20-06-2017

  • Rexeitar o ofrecemento de drogas ás veces é díficil para un adolescente pola presión do ambiente, a falta de interiorización dos perigos que a droga leva consigo, a aparencia dunha experiencia nova, a atracción do descoñecido e a acusación de covardía coa que se tacha ao que non proba. O concurso de relatos A IMPORTACIA DE DICIR NON ÁS DROGAS premia os traballos que poñan de manifesto o reto de madurez que supón non deixarse levar pola presión así como o valor que no futuro terán as nosas decisións.
  • O primeiro premio correspondeu a Carlos Nogueira, do IES Eduardo Pondal de Santiago; Zaira Rey, do IES Fraga do Eume (Pontedeume) e Carmen Barreiro, do Colexio Maristas Cristo Rey (A Coruña), obtiveron o segundo e terceiro premio, respectivamente.
  • O concurso enmárcase dentro do programa preventivo DI K NON, unha iniciativa da Fundación Barrié e da Unidade Terapéutica Educativa do centro penitenciario de Teixeiro que ten como fin previr o consumo de drogas en adolescentes.

DI K NON: Entrega de Premios Concurso de Relatos 2016-2017
© Fundación Barrié

A Coruña, 20 de xuño de 2017.- A Fundación Barrié e a Unidade Terapéutica Educativa do centro penitenciario de Teixeiro entregaron hoxe na Coruña os premios correspondentes ao concurso de relatos A IMPORTANCIA DE DICIR NON ÁS DROGAS.
Rexeitar o ofrecemento de drogas ás veces é difícil para un adolescente pola presión do ambiente, a falta de interiorización dos perigos que a droga leva consigo, a aparencia dunha experiencia nova e a atracción do descoñecido e a acusación de covardía coa que se tacha ao que non proba. Este concurso de relatos premia os traballos que poñan de manifesto o reto de madurez que supón non se deixar levar pola presión así como o valor que no futuro terán as nosas decisións.

TRABALLOS GAÑADORES

1. PREMIO
Carlos Nogueira Lages

IES Eduardo Pondal - Santiago de Compostela

2. PREMIO
Zaira Rey Vázquez

IES Fraga do Eume - Pontedeume

3. PREMIO
Carmen Barreiro Montes

Colexio Marista Cristo Rey - A Coruña
 
Aos gañadores fíxoselles entrega de vales-agasallo por importe de 130€ (1º premio), 90€ (2º premio) e 60€ (3º premio), así como de libros publicados pola Fundación Barrié.
Tamén se fixo entrega de tres lotes de libros da Fundación Barrié para as Bibliotecas do IES Eduardo Pondal, IES Fraga do Eume e o Colexio Marista Cristo Rey.

Di K NON
Di-K-Non é unha experiencia educativa para previr o consumo de drogas en adolescentes, na que os internos da UTE (Unidade Terapeútica Educativa) do Centro Penitenciario de Teixeiro comparten as súas experiencias con escolares galegos coa finalidade de previr os adolescentes sobre o consumo de drogas a través de charlas nos centros e a posterior visita de escolares á U.T.E. do propio centro penitenciario. Máis de 7.500 alumnos participaron nestes obradoiros desde a súa posta en marcha en 2011.

Máis información en: http://www.fundacionbarrie-org/di-k-non-prevencion-drogas


 

RECURSOS DISPONIBLES

Imaxes