BUSCAR
Memoria Anual 2023
IDENTIDADE VISUAL CORPORATIVA
SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER
Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié
Subscribirse
CONTACTO DE PRENSA
Suzana Mihalic
Directora de Comunicación e Imaxe Corporativa
T. +34 981 060 091 / 659 459 030
smihalic@fbarrie.org
A charla desenvólvese en Vigo no marco do Programa Rede Paraugas Alzheimer.
-
150 escolares de 1º e 2º de Bacharelato do IES Carlos Casares de Vigo e do IES Pino Manso do Porriño, participarán nesta charla, que terá lugar o 4 de outubro, na sede da Fundación Barrié de Vigo.
-
O doutor Carlos Spuch, especialista en demencias do sector sociosanitario, explicará, dun xeito próximo e dinámico, que son as demencias, que parte do cerebro se ve afectada, por que se producen, que tipos de demencias existen e cales son as diferenzas entre elas.
-
Con posterioridade a esta charla realizarase en cada centro educativo participante unha sesión de sensibilización cun profesional da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e unha visita dun grupo de 10-22 alumnos de cada instituto a un centro de Alzheimer.
-
Estas tres actividades forman parte de DIVULGAMENTE un proxecto de sensibilización interxeracional dirixido a estudantes de centros educativos galegos de Vigo e da Coruña que ten como obxectivo amosar dun xeito próximo e dinámico que son as demencias, como afecta ao cerebro e os tipos que hai, achegando a realidade desta doenza que afecta en Galicia a preto de 100.000 persoas.
-
Esta charla repetirase na Coruña, o día 9 de outubro, na sede da Fundación Barrié.
-
A Fundación Barrié e a Federación Alzheimer Galicia impulsan este proxecto no marco do Programa Rede Paraugas Alzheimer.
Vigo, 3 de outubro de 2017.- 150 escolares de 1º e 2º de Bacharelato do IES Carlos Casares de Vigo e do IES Pino Manso do Porriño, asistirán á charla “Coñecer mellor o Alzheimer”, impartida polo investigador Carlos Spuch, e organizada pola Fundación Barrié e a Federación Alzheimer Galicia no marco do Programa Rede Paraugas Alzheimer.
CHARLA “COÑECER MEJOR O ALZHEIMER”
Data: 4 de outubro de 2017
Horario: 10.30 h. – 12.30 h.
Lugar: Vigo (Fundación Barrié, Policarpo Sanz 31)
Inscrición pechada