BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
DATA

Memoria Anual 2023

Memoria corporativa e edicións anteriores

SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse

CONTACTO DE PRENSA

Suzana Mihalic
Directora de Comunicación e Imaxe Corporativa


T. +34 981 060 091 / 659 459 030
smihalic@fbarrie.org


22-09-2016

A Fundación Barrié acolle a xuntanza de altos directivos de finanzas e investimentos de grandes fundacións europeas pertencentes ao grupo EFFIO (European Foundation Financial and Investment Officers Group).

O Presidente da Fundación Barrié José María Arias Mosquera xunto aos membros de EFFIO
© Fundación Barrié

A Coruña, 22 de setembro de 2016: Desde hoxe,e durante dous días, a Fundación Barrié acolle a xuntanza do grupo EFFIO, organizada polo Centro Europeo de Fundacións (EFC) do que a Fundación Barrié é membro e unha das impulsoras que contribuíron de xeito moi significativo á súa creación en 1989.

Establecido en 2002, o EFFIO (European Foundation Financial and Investment Officers Group) é unha rede de altos directivos de finanzas e investimentos de grandes fundacións europeas. A súa misión é propiciar o coñecemento do ámbito financeiro e as mellores prácticas das fundacións en Europa, así como compartillar experiencias entre os seus membros. 

O grupo EFFIO conta actualmente con 26 membros de 10 países que xestionan en total activos cuxo valor supera os €110 mil millóns.
Asisten representantes da Fundación Barrié, Van Leer Group Foundation, Wilhelm Sander-Stiftung, Lundbeckfonden, Riksbankens Jubileumsfond, Stichting Fonds 1818, Fondaco SGR, Fondazione Cariplo, Fundação Calouste Gulbenkian, Fundación ONCE, King Baudouin Foundation, Esmée Fairbairn Foundation, Windmill Hill Asset Management Limited, Wellcome Trust, Finnish Cultural Foundation, Paul Hamlyn Foundation e Stichting Instituut Gak.

A iniciativa de crear unha plataforma para os directivos financeiros das fundacións europeas, co fin de tratar cuestións específicas para Europa, foi presentada polos membros do EFC (European Foundation Centre), algúns deles tamén membros dunha plataforma de directivos de fundacións (FFOG) nos EE. UU. A Fundación do Grupo Van Leer promoveu o proceso de establecer o EFFIO no 2002.
 
Obxectivos principais

  • Fomentar a aprendizaxe entre colegas e o intercambio de información relacionada con tendencias e boas prácticas en investimentos.
  • Identificar e estudar cuestións específicas que afectan aos investimentos das fundacións.
  • Facilitar a creación de redes, a comunicación e a cooperación entre fundacións en temas de investimento. 
  • Desenvolver unha base de coñecementos sobre os investimentos das fundacións.
  • Contactar e relacionarse con outras redes e organizacións.

Actividades

Reúnense dúas veces ao ano, coa participación en cada xuntanza de polo menos un especialista en investimento e non membro do grupo.