BUSCAR
Memoria Anual 2022
IDENTIDADE VISUAL CORPORATIVA
SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER
Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié
Subscribirse
CONTACTO DE PRENSA
Suzana Mihalic
Directora de Comunicación e Imaxe Corporativa
T. +34 981 060 091 / 659 459 030
smihalic@fbarrie.org
A actividade, que se estenderá a un traballo na aula e á presentación de conclusións na I Xornada Internacional sobre Comunicación e Filantropía, enmárcase na celebración do Día Europeo de Fundacións e Doantes e no programa de actividades do 50 aniversario da Fundación Barrié
A Coruña, 03 de outubro 2016.- José María Arias Mosquera, presidente, e Pilar Romero Vázquez-Gulías, vicepresidenta da Fundación Barrié, recibiron hoxe na sede da Fundación na Coruña 200 alumnos de 2º e 4º da ESO que participaron na xornada divulgativa que ten como obxectivo difundir o labor fundacional entre os mozos e mozas.
Esta actividade, que a Fundación organiza por segundo ano, enmárcase na celebración do Día Europeo de Fundacións e Doantes (1 de outubro) e no programa de actividades que a Fundación Barrié organiza co gallo do seu 50 aniversario.
Os colexios participantes son:
- CPR A GRANDE OBRA DE ATOCHA, A Coruña
- COLEXIO E. PONDAL, Cangas
- IES A XUNQUEIRA, Pontevedra
O obxectivo desta xornada é achegar o labor da Fundación aos máis xoves, para que, de primeira man, coñezan a historia da institución, as actuacións do presente e os obxectivos do futuro. A actividade comprende unha presentación xenérica que explica que é unha fundación e cal é o seu papel no desenvolvemento social, cultural, educativo e económico da nosa sociedade. Así mesmo coñecerán detalles concretos de programas de áreas como Acción Social, Educación, Ciencia e Cultura e Patrimonio. Os alumnos poderán coñecer parte da Colección Internacional de Pintura Contemporánea, a colección permanente de pintura de Francisco Lloréns así como as actuacións realizadas desde hai máis de corenta anos pola fundación na Catedral de Santiago con especial fincapé no Programa Catedral que aborda o proxecto de conservación e restauración do Pórtico da Gloria, e outras accións encamiñadas á preservación e recuperación do patrimonio galego.
Por primeira vez esta actividade terá unha continuidade na aula onde os alumnos de cada colexio traballarán sobre unha pregunta concreta:
Como percibís á/s Fundacións?
Que esperades das fundacións?
Como queredes que as fundacións se comuniquen convosco?
As conclusións do trabajo realizado serán presentadas por cada colexio en formato libre durante a celebración da I Xornada Internacional sobre Comunicación e Filantropía que a Fundación Barrié organiza, por primeira vez, no marco da celebración do seu aniversario. A xornada terá lugar na Coruña o 24 de novembro e contará con relatores de institucións como a Fundación Rockefeller de Nova York, a Fundación Bill e Melinda Gates ou as Nacións Unidas.
Por terceiro ano consecutivo, o día 1 de outubro celébrase o Día Europeo de Fundacións e Doantes, unha iniciativa promovida por DAFNE (Donors and Foundations Networks in Europe) e que a Asociación Española de Fundacións (AEF) impulsa en España. Fundacións de todo o continente europeo uniranse nunha iniciativa común coa celebración de actividades simultáneas arredor desa data. O obxectivo é potenciar o coñecemento do sector así como a súa contribución no desenvolvemento socio-económico da sociedade.