Torneo de Debate Académico de Galicia (TDAG)

Torneo de Debate Académico de Galicia (TDAG)

A Fundación Barrié organiza a V Edición do Torneo de Debate Académico de Galicia (TDAG) co obxectivo de ofrecer aos máis novos una ferramenta excepcional para o seu desenvolvemento académico e persoal: a oratoria.

O TDAG está dirixido ao alumnado da ESO e Bacharelato dos centros educativos (públicos, concertados e privados) de Galicia. Os equipos poderán estar formados por un mínimo de catro e un máximo de cinco participantes.


Nesta  edición haberá dúas categorías:

  • 1ª categoría  (equipos formados por alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO)
  • 2ª categoría (equipos formados por alumnado de 4º de ESO e 1º e 2º de Bacharelato)

A competición terá lugar na sede da Coruña da Fundación Barrié do 23 de xaneiro ao 3 de febreiro de 2023. Previamente ao desenvolvemento da competición, do 24 de outubro ao 10 de novembro de 2022, impartiranse sesión de formación —online e en directo— en oratoria e en iniciación ao debate académico.

Actividade gratuíta. Prazas limitadas a 84 equipos.
 
Lugar de realización: Actividade semipresencial. Fundación Barrié. Cantón Grande, 9, A Coruña
 
Datas:
  • Preinscrición: do 12 de setembro ao 9 de outubro de 2022
  • Inscrición: do 10 ao 21 de outubro de 2022
  • Competición: do 23 de xaneiro ao 3 de febreiro de 2023, mañá e tarde
  • Final: venres 3 de febreiro de 2023 en horario de tarde
 
PREGUNTAS:

1º categoría: - Rural ou urbano? Cal é a contorna máis beneficiosa para vivir a adolescencia?

2ª categoría: - O saber científico-técnico recibe máis apoios institucionais que as humanidades ou a arte: o coñecemento debe valorarse en función da súa utilidade?

CONTIDOS RELACIONADOS