Feria científica UDCiencia

Programa

Datas: desde o 27 ata o 31 de xaneiro de 2020, ambos inclusive
Horario: entre as 09.30h e as 13:45 horas. 
Lugar de celebración: Fundación Barrié, sede A Coruña (Rúa Cantón Grande, 9)

 

–––– RUTA A ––––

Jugando con las matemáticas

Exploraremos conceptos e propiedades matemáticas das curvas, superficies e rexións a partir de material interactivo e manipulable. Buscaremos o esvaradoiro máis rápido, aprenderemos topoloxía facendo letras con plastilina, e descubriremos superficies con curvatura feitas a base de rectas.

Torre de densidad

Explicaremos o concepto de densidade dunha forma intuitiva, visual e divertida. Realizaremos un arco da vella en forma de columna grazas ás diferenzas de densidade entre distintos líquidos. Tamén observaremos os cambios que sofren os alimentos na súa estrutura molecular creando esferificacións con alxinato, tal e como se fai na cociña molecular.

Cetáceos: los grandes del mar

Neste obradoiro os participantes coñecerán as especies de cetáceos que existen en Galicia e aprenderán a diferenciar os grandes grupos utilizando fichas e claves dicotómicas. Ademais, utilizarán modelos inchables para coñecer o proceso que se realiza cando aparece un animal varado.

Biomoléculas

Que son as biomoléculas? Onde se encontran? Cantas hai? Imos amosarchas e explicarchas a través de experimentos sinxelos e divertidos de bioquímica e bioloxía molecular.

Construyendo desde la ingeniería

A auga é un recurso moi importante na nosa vida. Usámola para todo e asumimos que sempre está aí. Neste obradoiro descubriremos toda a enxeñaría que hai que aplicar para facer que cando abrimos unha billa saia auga.

 

–––– RUTA B ––––

¿Con quién compartes alelos?

Neste obradoiro explicarase que é un xen e que un alelo, conceptos que se usan erroneamente na prensa, na televisión, nos artigos xornalísticos, nos libros e na divulgación da ciencia. Para iso utilizaremos exemplos moi sinxelos e doados de comprender. Os participantes elaborarán a súa "ficha alélica" tras ter observado e estudado algunhas das súas características morfolóxicas (fenotipo).

Nadando con Dori

Como se producen as brisas? A que se deben as mareas? Como aboian os peces na auga? Explicaremos e responderemos estas preguntas mediante a realización duns experimentos sinxelos e moi divertidos.

Minerales y gemas

Cal é a diferenza entre un mineral e unha xema? Como se forman os minerais? Forman parte da nosa vida cotiá? Que minerales temos na Península Ibérica? Responderemos estas preguntas e traballaremos coa escala de Mohs. Veremos, tamén, as propiedades ópticas de distintas xemas e minerais.

El bosque escondido

Liques, musgos e fentos son os grandes descoñecidos dos bosques, mais son especies moi importantes e interesantes que gardan bastantes segredos. Neste obradoiro ímolos descubrir mediante a observación no microscopio e imos explicarvos as súas características básicas e todo aquilo que os fai tan peculiares. O máis fermoso da natureza está agochado a simple vista!

La maldición del faraón

Virus, bacterias, superbacterias, pragas, epidemias, vacinas, antibióticos…Imos explicar as diferenzas entre virus e bacterias, a que se refire o termo "superbacteria", que son as infeccións, as epidemias e as pandemias. E para que serven os antibióticos e as vacinas.