BUSCAR
Memoria Anual 2022
IDENTIDADE VISUAL CORPORATIVA
SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER
Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié
Subscribirse
CONTACTO DE PRENSA
Suzana Mihalic
Directora de Comunicación e Imaxe Corporativa
T. +34 981 060 091 / 659 459 030
smihalic@fbarrie.org
A Fundación Barrié celebra o seu 50 aniversario cun concerto de Carlos Núñez na Catedral de Santiago
A Fundación Barrié, co gallo do seu 50 aniversario, organiza un concerto na Catedral de Santiago de Compostela a cargo de Carlos Núñez, unha homenaxe sonora ao Pórtico da Gloria.
HISTORIA – 50 ANOS AO SERVIZO DE GALICIA
A Fundación Barrié foi constituída en 1966 polo empresario, emprendedor e mecenas Pedro Barrié, quen a dotou con 3.300 millóns das pesetas de entón, e declarou ademais á Fundación como herdeira universal tras o seu pasamento. A esta dotación inicial sumáronse posteriores doacións de membros da familia e da súa viúva, Carmela Arias, quen, en vida, doou á Fundación toda a súa fortuna. Desde a súa creación, a Fundación destinou os seus recursos a programas e proxectos dirixidos a impulsar o desenvolvemento sostible de Galicia, con especial pulo ás iniciativas vencelladas á educación e o fomento do talento. Ao longo deste medio século de vida, a Fundación Barrié investiu máis de 400 millóns no desenvolvemento económico-social e cultural de Galicia.
Áreas que compoñen a actividade da Fundación Barrié
A Fundación Barrié traballa programas que seguen claras liñas estratéxicas, as cales se enmarcan en catro áreas de actuación: Educación, Cultura e Patrimonio, Ciencia e Acción Social. Na actualidade, os dous programas máis emblemáticos da área de Educación son “Piteas” e Bolsas de Posgrao no Estranxeiro cuxa 28ª edición se abrirá en breve, no marco da cal se concederon 636 bolsas desde 1990 e cun investimento acumulado de máis de 30 millóns de euros.
PITEAS é un programa de formación e méntoring para o desenvolvemento do talento que inclúe iniciativas de formación do profesorado para a optimización da detección e desenvolvemento do talento nas aulas así como accións directas de fomento da creatividade e das ciencias co alumnado. O programa centa coa colaboración do Departamento de Innovación Educativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e coa Unidade de Altas Capacidades da Universidade de Santiago de Compostela, dirixida pola profesora Carmen Pomar.
PITEAS é un programa baseado en modelos científicos recoñecidos a nivel internacional e convintemente adaptado á realidade educativa, económica e cultural de Galicia. Este programa nace da necesidade de tomar conciencia do papel fundamental que xoga a promoción do talento na evolución da sociedade. Cada persoa debe de ter a oportunidade de desenvolver o seu potencial ao nivel máis alto posible. Deste xeito contribúe a un progreso social baseado na produción científica e creativa. PITEAS busca optimizar o proceso do ensino e, xa que logo, a aprendizaxe en todos os niveis educativos que permite dar unha resposta educativa axeitada ás diferentes características e necesidades, ritmos e estilos de aprendizaxe, motivacións, situacións sociais e identidades culturais de todo o alumnado, favorecendo ao máximo o seu desenvolvemento como persoa, aproveitando o seu potencial, enriquecendo a experiencia compartillada do grupo e acadando aquilo que o fai único e irrepetible.
En Cultura e Patrimonio salienta o Programa Catedral que a Fundación Barrié financia con 6 millóns de euros pero a intensa vinculación coa Catedral de Santiago, de máis de 40 anos, materializouse en investimentos por case 11 millóns de euros en proxectos de conservación e restauración, como a reconstrución do coro pétreo do Mestre Mateo, a reconstrución dos instrumentos do Pórtico da Gloria ou o actual Programa Catedral. O compromiso da Fundación Barrié co patrimonio en Galicia non se limita tan só á Catedral de Santiago, é moito máis amplo e abrangue tanto o patrimonio material como o inmaterial. A área de Patrimonio e Cultura da Fundación Barrié abrangue o 37% dos máis de 400 millóns de euros investidos nos últimos 50 anos, 28,2 millóns corresponden á recuperación e conservación do patrimonio galego con proxectos tan relevantes como a catalogación e dixitalización dos protocolos notariais dos arquivos catedralicios, a convocatoria de proxectos de Patrimonio Vivo ou publicacións coma os Cancioneiros, por mencionar algúns.
En Ciencia salienta o acordo acadado coa Xunta de Galicia a través do cal a Fundación Barrié transfire a metodoloxía do seu Fondo de Ciencia á Axencia Galega de Innovación (GAIN) para a creación dun “Fondo autonómico de proba de concepto” coa finalidade de fomentar a investigación e transferencia ao mercado en Galicia. Neste senso asináronse convenios tamén con outros centros de investigación punteiros como Nanogune no País Vasco e a Fundación para a Innovación e a Prospectiva en Saúde en España (FIPSE), institución impulsada polo Ministerio de Sanidade.
En Acción Social, desde 2010 a Fundación Barrié traballa nun dos programas máis emblemáticos chamado “Máis Social”, un programa innovador e pioneiro que ten como obxectivo principal apoiar e orientar ás entidades sociais galegas cara a unha profesionalización da súa xestión directiva que as faga economicamente sostibles. Neste senso “Máis Social” ofrece financiamento para a contratación de persoal directivo; servizos de consulta; “Máis Social Conecta” que implica a creación de webs corporativas para as entidades sociais, programas formativos e apoio a proxectos. Case 100 entidades (son 99) participaron ata hoxe nestes ámbitos de “Máis Social”. Entre outras: a Federación Banco de Alimentos; Federación ASPACE Galicia, ASPRONAGA, Federación de Dano Cerebral; Federación de Autismo de Galicia, Federación Galega de Enfermidades Raras ou a Fundación Érguete, por citar algunhas.
Tras o éxito da convocatoria en Galicia, “Máis Social” estase implementando nestes momentos en Madrid.
- Exposición “Sorolla. Tierra adentro” inaugurada o 4 de novembro e que desde entón xa recibiu máis de 3.000 visitas.
- VI CONFERENCIA XERAL DA ASOCIACIÓN ESPAÑOLA DE FUNDACIÓNS
- I XORNADA INTERNACIONAL SOBRE COMUNICACIÓN E FILANTROPÍA
- CONCERTO 50 ANIVERSARIO NA CATEDRAL DE SANTIAGO A CARGO DE CARLOS NÚÑEZ - UNHA HOMENAXE SONORA AO PÓRTICO DA GLORIA
Fundación Barrié, Vigo (Rúa de Policarpo Sanz, 31)
12h – 14h e 18h – 21h
Santiago de Compostela: Domingo, 20; luns, 21 e martes, 22 de novembro
Pazo de Xelmírez (entrada Praza do Obradoiro)
10h – 20h
- CONCERTO CONMEMORATIVO A CARGO DA ORQUESTRA DE CÁMARA GALEGA
RECURSOS DISPONIBLES