BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
DATA

Memoria Anual 2023

Memoria corporativa e edicións anteriores

SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse

CONTACTO DE PRENSA

Suzana Mihalic
Directora de Comunicación e Imaxe Corporativa


T. +34 981 060 091 / 659 459 030
smihalic@fbarrie.org


A Fundación Barrié outorga bolsas a 10 xoves para a realización do Mestrado en centros académicos de todo o mundo

26-04-2018

  • A Fundación Barrié fixo pública hoxe a resolución da súa 29ª edición do Programa de Bolsas de Posgrao no Estranxeiro correspondente ao curso académico 2018-2019.
  • As 10 bolsas para a realización de estudos de Máster reflicten o compromiso da Fundación Barrié pola educación e capacitación do activo máis valioso de Galicia: as persoas.
  • O Programa de Bolsas de Posgrao no Estranxeiro é unha das contribucións máis notables da Fundación Barrié á comunidade, con 684 bolsas concedidas desde 1990 e cun investimento acumulado de máis de 40 millóns de euros.

A Coruña, 25 de abril, 2018.- A Fundación Barrié fixo pública hoxe a resolución da súa 29º edición do Programa de Bolsas de Posgrao no Estranxeiro para a realización de estudos Máster en centros académicos de todo o mundo, nun amplo abano de especialidades de interese e impacto para Galicia. A entrega de credenciais aos 10 novos bolseiros, universitarios galegos ou vinculados con Galicia, terá lugar o 29 de xuño na Fundación Barrié na Coruña.

As convocatorias anuais de Bolsas de Posgrao no Estranxeiro son un Programa de referencia da Fundación Barrié, que alcanza a súa 29ª convocatoria coa concesión de 684 bolsas desde 1990 e cun investimento acumulado de máis de 40 millóns de euros. O Programa reflicte o compromiso da Fundación Barrié pola educación e capacitación do activo máis valioso de Galicia: as persoas.

Lanzado en 1990, o Programa persegue un triplo obxectivo:

  • facilitar o acceso ao coñecemento das mellores técnicas, métodos e procedementos;
  • proporcionar experiencias vitais nun contorno internacional e multicultural;
  • e contribuír ao desenvolvemento de vínculos académicos, sociais, profesionais e culturais de titulados universitarios vinculados a Galicia.

O Programa de Bolsas de Posgrao no Estranxeiro da Fundación Barrié, dirixido a graduados universitarios, licenciados ou titulados superiores, é un dos Programas de Bolsas de Excelencia máis destacado a nivel nacional e internacional.

10 bolsas para a realización de estudos de Máster

Na convocatoria de 2018 concedéronse bolsas a candidatos das seguintes áreas do coñecemento: as ciencias da vida, médicas e da saúde (3), as ciencias sociais (3), a enxeñaría e tecnoloxía (2) e as ciencias experimentais (2). A media académica dos estudos de grao dos bolseiros é 8,45 sobre 10.

3 dos novos bolseiros cursaron a súa licenciatura na Universidade de Santiago, 1 na de Vigo e o resto en universidades de fóra da comunidade galega (Politécnica de Madrid, Pontificia de Comillas, Politécnica de Cataluña). Entre as áreas de especialización encóntranse, dereito, enxeñaría (da enerxía, industrial, informática), biotecnoloxía, matemáticas, física, medicina, ADE.

Os países de destino onde cursarán os seus estudos de mestrado son: Reino Unido (6), Países Baixos (1), Suecia (2), Francia e Singapur (1). Realizarán os seus estudos en centros de referencia como a London Business School, University ou Oxford, University of Cambridge, London School of Economics and Political Science, University of Gothenburg, Technical University of Denmark, Radboud University Nijmegen, The Imperial College of Science, Technology and Medicine e Insead.

A media de idade dos bolseiros nesta convocatoria é de 24,1 anos sendo o 50% mulleres e o 50% homes. Con respecto á procedencia, a promoción do ano 2018 comprende a 9 bolseiros nados en Galicia – A Coruña (5), Pontevedra (2), Lugo (1) e Ourense (1) e 1 bolseira nada fóra de Galicia, sendo filla de galegos.
 
A REDE DE TALENTO DA FUNDACIÓN: A ASOCIACIÓN DE BOLSEIROS

A Fundación Barrié conta cunha activa Asociación de Bolseiros, creada en 1996, que ten preto dun milleiro de integrantes, todos beneficiarios dos programas de bolsas para investigación, estudos universitarios ou ampliación de estudos universitarios en España ou no estranxeiro. A Asociación desenvolve actividades encamiñadas a facilitar aos seus asociados o contacto con institucións profesionais e académicas de ámbito galego, nacional e internacional e sempre a manter e alimentar o vínculo da Fundación cos seus bolseiros.

Neste sentido, serve de vehículo para canalizar as actividades daqueles bolseiros que queran pór ao servizo de Galicia e, en particular, da Fundación, os seus coñecementos e experiencia, para que a formación adquirida durante o transcurso dos seus estudos e investigacións trascenda o ámbito da mellora persoal e reverta no avance da sociedade galega.



BOLSEIROS DE MÁSTER 2018
Nome Universidade de orixe Titulación a obter Centro prioridade / País
Daviña Núñez, Carlos Universidade Politécnica de Madrid Máster en Bioquímica, Bioloxía Molecular e Biomedicina Radboud University Nijmegen. Países Bajos
Varela Rozados, Iván Universidade Politécnica de Madrid Máster en Administración e Dirección de Empresas (MBA) London Business School. Reino Unido
Jorge Díaz, Carmen Universidade de Santiago de Compostela Máster en Física Teórica University of Cambridge. Reino Unido
Tojeiro Fernández, Ana
Universidade Pontificia Comillas Máster en Administración e Dirección de Empresas (MBA) Insead. Francia
Espinós Estévez, Carla Universidade Politécnica de Valencia Máster en Inmunoloxía The Imperial College of Science, Technology and Medicine. Reino Unido
Pereira Arias, Emma Universidade de Santiago de Compostela Máster en Saúde Global London School of Economics and Political Science. Reino Unido
Virgós Varela, Tirso Universidade Carlos III de Madrid Máster en Ciencias Políticas University of Oxford. Reino Unido
García Ling, Carlos Universidade Politécnica de Cataluña Máster en Matemática Aplicada e Computacional KTH Royal Institute of Technology. Suecia
Soutullo Sobral, Samuel Universidade de Santiago de Compostela Máster en Enxeñaría Informática University of Gothenburg. Suecia
Nóvoa Martínez, Andrea Universidade de Vigo Máster en Tecnoloxías da Enerxía University of Cambridge. Reino Unido