BUSCAR
Memoria Anual 2022
IDENTIDADE VISUAL CORPORATIVA
SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER
Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié
Subscribirse
CONTACTO DE PRENSA
Suzana Mihalic
Directora de Comunicación e Imaxe Corporativa
T. +34 981 060 091 / 659 459 030
smihalic@fbarrie.org
O galardón obtívoo na categoría "Mellor formación dirixida a pacientes e/ou familiares.
-
A II edición dos premios, que recoñece 19 proxectos innovadores que consolidan un modelo afectivo-efectivo cos pacientes, recibiu 264 proxectos, un 17% máis que na primeira edición.
-
O Xurado formado por 34 persoeiros e representantes de todos os ámbitos relacionados coa saúde avaliou as candidaturas en base aos criterios de valoración recollidos nas bases do certame.
-
Rede Paraugas Alzheimer acadou o Primeiro Premio na categoría “Mellor Formación dirixida a Pacientes e/ou Familiares”.
-
Rede Paraugas Alzheimer, promovido e executado en colaboración coa Federación Alzheimer Galicia (FAGAL), naceu en 2013 e ten como obxectivo apoiar as familias con enfermos de Alzheimer no rural galego con atención e apoio directo aos coidadores de enfermos de Alzheimer e unidades de memoria para os afectados.
A Coruña, 17 de xuño de 2016.- Por segundo ano consecutivo, Janssen, en colaboración con Cátedras en Rede, fixo entrega dos galardóns da II edición do Foro Premios Albert Jovell, iniciativa dirixida a mellorar os resultados na saúde dos pacientes en España, onde máis 400 profesionais sanitarios se deron cita na Aula Magna da Universitat Internacional de Catalunya (UIC).
O Foro Premios Albert Jovell ten o obxectivo de recoñecer publicamente os proxectos que en España máis destacaron en mellorar os resultados na salúde dos pacientes e que mellor souperon transmitir os valores de afectividade, efectividade, innovación, compromiso, humanidade.
No acto interveniñeron D. Rafael Bengoa, director do Departamento de Saúde da Deusto Business School. Universidade de Deusto; a Dra. María Dolors Navarro, directora da Aula de Innovación en Política Sanitaria da Universitat Internacional de Catalunya; D. Xavier Gil Mur, reitor da Universitat Internacional de Catalunya e Ramón Frexes, director de Relacións Institucionais de Janssen.
Rede Paraugas Alzheimer da Fundación Barrié e a Federación Alzheimer Galicia (FAGAL) foi galardoado co Primeiro Premio na categoría de:
Mellor Formación dirixida a pacientes e/ou familiares desenvolvida por asociacións de pacientes, ONG ou fundacións do ámbito da saúde
O Premio foi recollido onte en Barcelona por Juan Carlos Rodríguez Bernárdez, presidente da Federación Alzheimer Galicia e María Isabel Pérez, directora de Acción Social da Fundación Barrié.
Rede Paraugas Alzheimer naceu en 2013 e ten como obxectivo apoiar ás familias con enfermos de Alzheimer no rural galego con atención e apoio directo aos coidadores de enfermos de Alzheimer e unidades de memoria para os afectados.
Desde 2013, a Fundación Barrié achegou un total de 187.102 euros a este programa, do que ata hoxe se beneficiaron 3.883 persoas, e que se desenvolve no medio rural galego, con apoio directo a coidadores de enfermos de Alzheimer e unidades de memoria para os afectados, para capacitar e mellorar a calidad de vida das familias coidadoras de familiares con algunha demencia no rural galego.
Ata o de agora desenvolvéronse as seguintes actividades nun total de 39 comarcas galegas, ás que asistiron máis de 3.883 persoas:
- Charlas para familias en 39 comarcas de Galicia co fin de detectar necesidades e familias afectadas para resolver as súas dúbidas.
- 10 Ciclos de Formación específica sobre a problemática do Alzheimer desde diferentes ámbitos: sanitario, psicolóxico, terapéutico… co fin de dar resposta ás necesidades detectadas, ofrecer pautas de actuación e fortalecer, ao abeiro de familiares de referencia, un grupo estable.
- 5 Unidades de memoria para afectados de Alzheimer que teñen como obxectivo axudar ás persoas diagnosticadas de demencia inicial a manterse activas, para evitar o seu illamento e, en consecuencia, a diminución da súa calidade de vida.
- Creación de Redes Estables para a detección, asesoramento e apoio de persoas con Alzheimer e as súas familias no rural galego.
- Ademais, o programa incluíu 32 accións educativas para o fomento das relacións interxeracionais nas que participaron 34 centros educativos e máis de 2.500 alumnos de Primaria e ESO. A partir do filme Engurras e a obra de teatro Un avó moi especial procúrase aproximar aos escolares á realidade das demencias e á importancia dun reparto equilibrado na familia do coidado das persoas maiores que sofren unha demencia.
A II edición dos premios recibiu 264 proxectos, un 17% máis que na primeira edición. O Xurado formado por 34 personalidades e representantes de todos os ámbitos relacionados coa saúde avaliou as candidaturas en base aos criterios de valoración recollidos nas bases do certame.
Este Foro, constituído como un espazo único sobre saúde no que destaca o valor das persoas e que sitúa os pacientes no centro da atención sanitaria, outorgou un total de sete galardóns, sendo os gañadores por cada unha das categorías os seguintes:
1. Mellor Campaña de Sensibilización e/ou Prevención e/ou Intervención, desenvolvida por asociacións de pacientes, ONG ou fundacións do eido da saúde.
Primeiro Premio
Proxecto: Cuando hablas, algo cambia #hablarcambia
Entidade: AGIFES (Asociación guipuzcoana de familiares y personas con enfermedad mental)
Recolle o premio: José Mari Irazusta, vicepresidente de AGIFES
Segundo Premio
Proxecto: Creando redes de esperanza
Entidade: Federación Española de Enfermedades Raras (FEDER)
Recolle o premio: Ana Ripoll, delegada de FEDER Catalunya
Accésit
Proxecto: Sal de dudas
Entidade: Asociación SARE
Recolle o premio: Leticia Remón Serrat, coordinadora do proxecto Sal de dudas
Primeiro Premio
Proxecto: Programa Rede Paraugas Alzheimer
Entidade: Federación Alzheimer Galicia- Fundación Barrié
Recolle o premio: Juan Carlos Rodríguez Bernárdez, presidente Federación Alzheimer Galicia e María Isabel Pérez, directora de Acción Social da Fundación Barrié.
Segundo Premio
Proxecto: Aula de personas con discapacidad auditiva de la Escuela Cántabra de Salud
Entidade: Fundación Marqués de Valdecilla e Federación de Asociaciones de personas sordas de Cantabria (FESCAN)
Recolle o premio: Joaquín Ruiz Sisniega, presidente da Fundación Marqués de Valdecilla e Cristina Brandariz Lousa, presidenta de FESCAN
Accésit
Proxecto: Proyecto "E-Learning, paciente experto"
Entidade: Acción Psoriasis
Recolle o premio: Jauma Joucosa, presidente de Acción Psoriasis
Accésit
Proxecto: Foro InnovaER
Entidade: Fundación Mehuer
Recolle o premio: Manuel Pérez Fernández, presidente da Fundación Mehuer
3. Mellor Formación dirixida a pacientes e/ou familiares desenvolvida por sociedades científicas ou colexios profesionais
Primeiro Premio
Proxecto: Mimocardio
Entidade: Sociedad Española de Cardiología
Recolle o premio: Dr. Xavier García-Moll, en representación da SEC
Segundo Premio
Proxecto: Web Familia y Salud. Padres y pediatras al cuidado de la infancia y la adolescencia
Entidade: Asociación española de pediatría de Atención Primaria (AEPap)
Recolle o premio: María Esther Serrano Poveda, coordinadora do Grupo de Educación para la Salud de AEPap
Accésit
Proxecto: Medicamento Accesible Plus App
Entidade: Consejo General de Colegios Oficiales de Farmacéutico
Recolle o premio: Luis Amaro, secretario xeneral do Consejo de Colegios Oficiales de Farmaceúticos
4. Iniciativa que mellore os resultados na saúde dos paciente, desenvolvida por profesionais sanitarios, a título individual ou en equipo
Primeiro Premio
Proxecto: I Camino de cervantes, algo más que caminar
Persoa: Ignacio Martínez Jover
Recolle o premio: Ignacio Martínez Jover
Segundo Premio
Proxecto: Proyecto HU-CI: Humanizando los Cuidados Intensivos
Persoa: Gabriel Heras La Calle
Recolle o premio: Gabriel Heras La Calle
Accésit
Proxecto: App Diálisis 24h
Persoa: Mercedes Muñoz Becerra e Ruth Molina Fuillerat
Recolle o premio: Mercedes Muñoz Becerra e Ruth Molina Fuillerat
5. Mellor traballo xornalístico de ámbito sanitario desenvolvido por xornalistas ou profesionais da información
Primeiro Premio
Proxecto: Los diez mandamientos contra la EPOC
Persoa: Gregorio del Rosario Baho (Efe Salud)
Recolle o premio: Gregorio del Rosario Baho
Segundo Premio
Proxecto: Diabetes Experience Day
Persoa: Ángel Ramírez Carot
Recolle o premio: Ángel Ramírez Carot
Accésit
Proxecto: Os cuento cómo quiero el final de mi vida
Persoa: Fermín Apezteguia Hernández (El Correo)
Recolle o premio: Fermín Apezteguia Hernández
6. Mellor acción de formación, transformación, información ou sensibilización arredor da saúde desenvolvida desde o ámbito universitario
Primeiro Premio
Proxecto: Historias de la Clínica Universidad de Navarra
Entidade: Clínica Universidad de Navarra
Recolle o premio: Katrin Astiz Azagra, en nombre de Santiago Fernández-Gubieda, Director de Comunicación de la Clínica Universidad de Navarra
Accésit
Proxecto: Transformación de la asistencia en la enfermedad avanzada y el final de la vida a través de la formación sistemática en Cuidados Paliativos
Entidade: Facultad de Medicina de la Universidad de Navarra
Recolle o premio: Carlos Centeno Cortés, profesor titular de Medicina Paliativa, Facultad de Medicina, Universidad de Navarra
7. Mellor traxectoria profesional ligada á saúde
Montserrat Virumbrales Cancio
Doutora en Envellecemento Humano, profesora universitaria na Facultad de Medicina y Ciencias de la Salud de la UIC