BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
DATA

Memoria Anual 2023

Memoria corporativa e edicións anteriores

SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse

CONTACTO DE PRENSA

Suzana Mihalic
Directora de Comunicación e Imaxe Corporativa


T. +34 981 060 091 / 659 459 030
smihalic@fbarrie.org


Os dous convenios, que introducen importantes novidades, son un modelo de colaboración entre o ámbito público e privado na cal a Fundación Barrié coordina os dous programas participados por Institucións Penitenciarias, Fundación Roviralta, Saúde Mental FEAFES Galicia, Fundación Érguete-Integración e Asociación Érguete.

15-09-2020

De esqda a dta: D. Ángel Luis Ortiz González., Secretario Xeral de Institucións Penitenciarias, D. Javier Losada, Delegado do Goberno na CCAA de Galicia, D. José María Arias Mosquera, Presidente da Fundación Barrié e D. Xosé Ramón Girón, Presidente de Saúde Mental FEAFES Galicia
© Fundación Barrié

A Coruña, 16 de setembro de 2020.- A Fundación Barrié e a Secretaría Xeral de Institucións Penitenciarias anunciaron hoxe a sinatura de dous novos convenios de colaboración que regularán para o período 2020 – 2023, os programas de Apoio a Módulos e Actividades Educativas e de Atención a Persoas con Enfermidade Mental en todos os centros penitenciarios de Galicia.
 
Os programas contan cun investimento total de 994.345,08 euros, o que supón case un 25% máis que a cantidade aportada no período anterior. Da devandita cantidade, a Fundación Barrié achega o 56% (559.977,08.-€); Fundación Roviralta 12% (120.000.-€); FEAFES[1] 13% (131.424.-€); Fundación Érguete[2] 8% (82.368.-€) e Asociación Érguete1 10% (100.576.-€).
 
A colaboración esténdese aos cinco Centros Penitenciarios galegos, aos Centros de Inserción Social (C.I.S.) “Carmela Arias y Díaz de Rábago” da Coruña e “Carmen Avendaño” de Vigo, así como o desenvolvemento de actividades educativas para a comunidade escolar de Galicia.
 
Trátase dunha iniciativa pioneira como modelo de colaboración entre o ámbito público e privado na cal a Fundación Barrié asume a iniciativa, a coordinación e o seguimento dos programas participados por Institucións Penitenciarias, Fundación Roviralta, Saúde Mental FEAFES Galicia, Fundación Érguete-Integración e Asociación Érguete.
 
A Fundación Barrié reafirma así o seu compromiso e o seu labor de apoio á reinserción no ámbito penitenciario, propiciado hai case medio século pola súa anterior presidenta, Carmela Arias y Díaz de Rábago e cun investimento de máis de 2 millóns de euros desde 1971.
 
 
A presentación contou coa intervención de José María Arias Mosquera, Presidente da Fundación Barrié; Ángel Luis Ortiz González, Secretario Xeral de Institucións Penitenciarias e Xosé Ramón Girón, Presidente de Saúde Mental FEAFES Galicia. Pechou o acto o Delegado do Gobierno en Galicia, Javier Losada.
 
Ao acto asistiu o Director Xeral de Execución Penal e Reinserción Social da Secretaría Xeral de Institucións Penitenciarias, Miguel Ángel Vicente, así como os directores dos cinco centros Penitenciarios de Galicia: C.P. A Lama (Pontevedra); C.P Teixeiro (A Coruña); C.P. Bonxe (Lugo); C.P. Monterroso (Lugo) e C.P. Pereiro de Aguiar (Ourense); e o director do Centro de Inserción Social (C.I.S.) “Carmela Arias y Díaz de Rábago” (A Coruña).
 
Os dous programas, obxecto dos convenios que hoxe se presentaron, desenvólvense nos diferentes graos e seccións do ámbito penitenciario en Galicia e teñen enfoques diferentes dentro dun mesmo obxectivo, a reinserción.
 
A Fundación Barrié, consciente da importancia de axustar os programas ás necesidades actuais, introduciu unha serie de novidades que permitirán aumentar o impacto na reinserción de persoas privadas de liberdade.
 
Deste xeito, e por primeira vez, o programa de Apoio a Módulos e Actividades Educativas inclúe o curso de preparación das probas de avaliación en competencias chave (lingua galega, matemáticas e lingua castelá), coa finalidade de facilitar o acceso ao emprego a internos de segundo grao que carecen do título da E.S.O. A través desta proba, os participantes do curso poderán demostrar que posúen as competencias chave requiridas para obter o certificado de profesionalidade do Servizo Público de Emprego Estatal, un requisito mínimo esixido para acceder aos ciclos de Formación Profesional. Ademais do curso de preparación, o programa inclúe a posibilidade de realizar a proba no centro penitenciario. Grazas á visita dun examinador oficial, os internos poderán, por primeira vez, realizar a proba sen necesidade de saír do centro penitenciario.
 
A respecto das principais novidades para o período 2020-23 do programa de Atención a Persoas con Enfermidade Mental nos Centros Penitenciarios de Galicia, é salientable a extensión da intervención nos módulos de illamento e a incorporación progresiva de mulleres ao programa.
 
 
Para máis información sobre os programas consultar Anexo.



[1] FEAFES realiza unha achega en especie por importe de 123.004 euros e outra en metálico por importe de 8.420 euros.
[2] As achegas da Fundación Érguete-Integración e da Asociación Érguete son en especie.

RECURSOS DISPONIBLES

Imaxes

Videos