Programa Vivenda

Programa Vivenda en colaboración coas Cáritas Diocesanas en Galicia

O programa nace en 2020 cunha firma de convenio entre a Fundación Barrié e as cinco Cáritas Diocesanas de Galicia co obxectivo de facilitar ferramentas para que as persoas en situación de vulnerabilidade ou en risco de exclusión social, afectadas pola actual crise económica derivada da pandemia da Covid-19, poidan manter ou acceder a unha vivenda digna.
 
O programa desenvolverase a nivel autonómico ao longo de catro anos a través da rede das cinco Cáritas Diocesanas de Galicia: Santiago de Compostela, Tui-Vigo, Lugo, Mondoñedo-Ferrol e Ourense.
 

CONTIDOS RELACIONADOS