Engánchate ao voluntariado
Engánchate ao Voluntariado - Talleres para a prevención de condutas delituosas
Preinscrición 2025-2026: pechado
A Fundación Barrié organiza, en colaboración co Centro Penitenciario de Pereiro e a Asociación para a Prevención e a Educación Social (APES), Engánchate ao Voluntariado, co obxectivo de fomentar o voluntariado xuvenil como unha alternativa de lecer que favorece o desenvolvemento e as relación sociais ao mozos e mozas desde unha visión positiva e comprometida coa súa comunidade, previndo conductas delituosas.
Engánchate ao Voluntariado está dirixido a alumnado de Ensino Secundario e de Formación Profesional de centros educativos de públicos, privados e concertados de Ourense.
Internos do Centro Penitenciario de Pereiro de Aguiar que recibirán previamente formación na temática de voluntariado e os seus beneficios, en factores de risco e proteción fronte ao delito e en igualdade de oportunidades, serán os encargados de impartir un taller formativo en cada un dos centros educativos, así como de promover o desenvolvemento dun proxecto de acción voluntaria relacionada coa temática tratada nos mesmos.
Debido ás especiais características desta actividade, os talleres ofrécense a un número limitado de 3 centros educativos para o curso académico 2025-2026. No suposto de que o número de solicitudes supere o número de prazas dispoñibles, estas seleccionaranse conforme ao criterio do Centro Penitenciario.
Máis de 1.100 alumnos participaron desde a súa posta en marcha no 2016.
- Datas de celebración dos talleres: de outubro 2025 a xuño de 2026.
- Actividade gratuita.
- Preinscrición: a través de formulario
- Participación: 3 centros educativos (grupos escolares de máximo 50 alumnos por centro).
- Duración da charla: hora e media.
- Prazo de preinscrición dos talleres 2025-2026: pechado.
- Comunicación aos centros seleccionados: a través de correo electrónico.
CONTIDOS RELACIONADOS

Pechar