BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
DATA

Memoria Anual 2023

Memoria corporativa e edicións anteriores

SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse

CONTACTO DE PRENSA

Suzana Mihalic
Directora de Comunicación e Imaxe Corporativa


T. +34 981 060 091 / 659 459 030
smihalic@fbarrie.org


27-12-2017

D. Darío Villanueva, director da Real Academia Española e novo vogal do Padroado da Fundación Barrié
© Fundación Barrié

A Coruña, 27 de decembro de 2017.- A Xunta de Paoroado da Fundación Barrié, reunida hoxe mércores 27 de decembro na Coruña, nomeou por unanimidade a D. Darío Villanueva Prieto, director da Real Academia Española, como novo vogal do órgano directivo da Fundación. O seu sostido compromiso coa educación e a cultura, tanto galega como nacional, achegará un gran valor engadido ao Padroado da Fundación Barrié no seu labor e cumprimento da súa misión.
 
D. Darío Villanueva Prieto é director da Real Academia Española desde 2014; presidente de honra da Sociedade Española de Literatura Xeral e Comparada así como catedrático de Teoría da Literatura e Literatura Comparada da Universidade de Santiago de Compostela, da que foi reitor entre 1994 e 2002. Recibiu doutoramentos honoris causa por dez universidades do Reino Unido, Suecia, Estados Unidos, España, Nicaragua, Ecuador, Arxentina e Perú. É autor de numerosas publicacións e membro nato do Consello de Estado.
 
D. Darío Villanueva substitúe a D. Miguel Sanmartín Losada, quen renuncia ao seu cargo por razóns de idade. A Xunta de Padroado da Fundación Barrié agradece a súa implicación como vogal electivo, cargo que ocupou desde 2004.