BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
DATA

Memoria Anual 2023

Memoria corporativa e edicións anteriores

SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse

CONTACTO DE PRENSA

Suzana Mihalic
Directora de Comunicación e Imaxe Corporativa


T. +34 981 060 091 / 659 459 030
smihalic@fbarrie.org


Programa de reinserción do menor en risco de exclusión social.

28-11-2017

  • Proxecto de investigación de 12 meses de duración dirixido pola investigadora Bárbara Paredes, do Grupo de Medicina Xenómica, no cal participan 18 menores entre 14 e 20 anos que se encontran internos nos centros de réxime pechado de Montefiz e Monteledo, xestionados pola Fundación Diagrama.
  • Baixo a supervisión da escola de cans Meu Can, estes menores convértense en coidadores e educadores de cans do refuxio Adóptame Allariz, que colabora tamén no proxecto. Trátase dunha terapia asistida complementaria ás existentes nos centros, que ten como obxectivo que estes menores acaden un desenvolvemento persoal positivo, potenciando valores como a responsabilidade e condutas prosociais, así como aprendendo a controlar a agresividade, ansiedade e impulsividade.
  • Lía, Terra, Zampán, Xeixo, Golfo e Rolo son os cadelos do refuxio Adóptame Allariz  que participan neste proxecto, que tamén ten como obxectivo buscar un fogar estable para estes cans, de maneira que están dispoñibles para a adopción por aqueles interesados.
  • A través da súa área de Acción Social a Fundación Barrié tenta facilitar e mellorar os procesos de reeducación e reincorporación social de menores cumprindo medidas en réxime pechado. 

Terapia asistida con animais. Programa de reinserción do menor en risco de exclusión social.
© Fundación Barrié

A Coruña, 28 de novembro de 2017.-  Proxecto de investigación de 12 meses de duración dirixido pola investigadora Bárbara Paredes, do Grupo de Medicina Xenómica no cal participan 18 menores entre 14 e 20 anos que se encontran internos nos centros de réxime pechado de Montefiz e Monteledo, xestionados pola Fundación Diagrama.

Baixo a supervisión da escola de cans Meu Can, estes menores convértense en coidadores e educadores de cans do refuxio Adóptame Allariz, que colabora tamén no proxecto. Trátase dunha terapia asistida complementaria ás existentes nos centros, que ten como obxectivo que estes menores, que se encontran nun contexto de risco social, acaden un desenvolvemento persoal positivo, potenciando valores como a responsabilidade e condutas prosociais, así como aprendendo a controlar a agresividade, ansiedade e impulsividade.
 
Lía, Terra, Zampán, Xeixo, Golfo e Rolo son os cadelos do refuxio Adóptame Allariz  que participan neste proxecto, que tamén ten como obxectivo buscar un fogar estable para estes perros, de maneira que están dispoñibles para a adopción por aqueles interesados (máis información:  656 308 309 , barbarpr8@gmail.com)
 
Actuacións da Fundación Barrié con adultos no eido penitenciario e para a reinserción de persoas privadas de liberdade
 
Mediante a colaboración con institucións penitenciarias e entidades especializadas en procesos de reinserción social, apoiando a realización de actividades terapéuticas, ocupacionais, educativas, recreativas, etc. a Fundación Barrié intenta facilitar e mellorar os procesos de reeducación e reincorporación social de quen se encontra en situación de exclusión ou marxinación.
 
Nesta liña, a Fundación apoia, no marco de senllos acordos coa Secretaría Xeral de Institucións Penitenciarias, dous programas específicos nos centros penitenciarios galegos:
 
- Programa de módulos e actividades educativas
 
- Programa de atención á enfermidade mental


RECURSOS DISPONIBLES

Imaxes