BUSCAR
Memoria Anual 2022
IDENTIDADE VISUAL CORPORATIVA
SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER
Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié
Subscribirse
CONTACTO DE PRENSA
Suzana Mihalic
Directora de Comunicación e Imaxe Corporativa
T. +34 981 060 091 / 659 459 030
smihalic@fbarrie.org
A Fundación Barrié e a Asociación Arela presentan neste curso escolar dous novos obradoiros de “Ktorce-18”, un programa de prevención de condutas infractoras en menores
-
Durante o curso escolar 2021-2022, o programa Ktorce-18 ofrecerá dous tipos de obradoiros: un obradoiro de prevención de condutas infractoras e un obradoiro de acoso escolar-bullying.
-
Os dous obradoiros diríxense ao alumnado da ESO e de Formación Profesional Básica dos centros educativos de Galicia coa finalidade de responder aos novos retos preventivos dos centros educativos, abordando unha reflexión sobre as condutas infractoras e a Lei do Menor e sensibilizando fronte ao acoso escolar e os malos tratos nas aulas.
-
O programa Ktorce-18 ofrecerá un máximo de 60 obradoiros en toda Galicia, cos seguintes obradoiros por provincia: 25 na Coruña, 25 en Pontevedra, 5 en Lugo e 5 en Ourense.
-
Trátase de obradoiros impartidos na aula aplicando unha metodoloxía participativa.
-
Desde a posta en marcha de Ktorce-18, impartíronse un total de 743 charlas, nas que participaron máis de 35.000 persoas entre alumnado, familias e profesores.
-
O prazo de preinscrición permanecerá aberto até cubrir as prazas.
A Coruña, 7 de setembro de 2021.- Ktorce-18 é unha iniciativa da Fundación Barrié e a Asociación Arela desenvolvida a nivel autonómico desde o ano 2012. Ten como fin achegar a Lei do Menor á comunidade educativa (pais, alumnos e profesores). Até o de agora chegou a máis de 35.000 participantes a través das 743 charlas impartidas.
Coincidindo co comezo deste novo curso escolar, o programa ofrece dous novos obradoiros sobre a prevención de condutas infractoras e sobre o acoso escolar-bullying, que se impartirán en formato aula, a través de dinámicas participativas nas que se procurará a máxima interacción co alumnado.
Con eles preténdese concienciar sobre as posibilidades delituosas nas actividades cotiás; dar a coñecer posibles situacións de risco con respecto a actos feitos sen pensar; sensibilizar a sociedade sobre a Lei do Menor; sensibilizar fronte ao problema do acoso escolar; axudar o alumnado para frear posibles casos de acoso escolar na aula e fornecer ferramentas á comunidade educativa para traballar na prevención do acoso escolar.
As prazas están limitadas a 60 obradoiros (25 na Coruña, 25 en Pontevedra, 5 en Lugo e 5 en Ourense). Respectarase a orde de inscrición e cada centro educativo poderá solicitar un máximo de 2 obradoiros.
O OBRADOIRO DE PREVENCIÓN DE CONDUTAS INFRACTORAS ten como obxectivo sensibilizar fronte ao problema do acoso escolar e previr este tipo de condutas, axudar o alumnado para frear posibles casos e fornecer ferramentas á comunidade educativa para traballar na súa prevención. Propiciarase o diálogo co alumnado acerca das súas actividades diarias, buscando aquelas que poidan dar entrada a cada delito, e introduciranse temas de interese como as redes sociais, para, ademais de afondar nos distintos delitos, explicar as diferentes medidas de seguridade.
Este obradoiro vai dirixido ao alumnado de 2º a 4º da ESO e de formación profesional básica de centros educativos de Galicia.
O OBRADOIRO DE ACOSO ESCOLAR-BULLYING ten como obxectivo sensibilizar fronte ao problema do acoso escolar e previr este tipo de condutas, axudar o alumnado a frear posibles casos e fornecer ferramentas á comunidade educativa para traballar na súa prevención. Mediante vídeos e distintas dinámicas, busca reflexionar sobre o impacto das nosas palabras nos demais, as características que teñen un agresor e unha vítima e debater sobre a existencia do bullying, o papel dos espectadores e introducir os delitos que se poden producir con este tipo de comportamentos.
Este obradoiro vai dirixido ao alumnado de 1º a 4º da ESO e de formación profesional básica de centros educativos de Galicia.
Ambos os dous obradoiros terán unha duración total de 100 minutos e desenvolveranse ao longo do curso escolar 2021-2022.
Os centros educativos interesados en participar poden preinscribirse enviando un correo electrónico a ana@arela.org ou chamando ao teléfono 986 212 537.
O prazo de preinscrición permanecerá aberto desde o 6 de setembro até cubrir as prazas.