BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
DATA

Memoria Anual 2023

Memoria corporativa e edicións anteriores

SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse

CONTACTO DE PRENSA

Suzana Mihalic
Directora de Comunicación e Imaxe Corporativa


T. +34 981 060 091 / 659 459 030
smihalic@fbarrie.org


A conferencia complementarase cun coloquio no que participarán destacados expertos en demografía e economía de Galicia. O evento enmárcase no ciclo de conferencias sobre demografía e futuro “Galicia na encrucillada”, organizado pola Fundación Barrié e APD (Asociación para o Progreso da Dirección).

24-11-2017

  • A Fundación Barrié organiza este ciclo de conferencias en colaboración con APD (Asociación para o Progreso da Dirección).
  • David López-Salido é director asociado do Departamento de Asuntos Monetarios da Reserva Federal estadounidense e co-autor do informe “Understanding the New Normal: The Role of Demographics”.
  • Tras a súa conferencia, David López-Salido participará nun coloquio xunto a expertos en demografía e economía de Galicia como Venancio Salcines, presidente da Escola de Finanzas; Andrés Precedo Ledo, catedrático de Xeografía Humana da USC; Carlos Punzón, experto en demografía de La Voz de Galicia e Santiago Romero, redactor xefe de La Opinión da Coruña.
  • A conferencia terá lugar o xoves, 30 de novembro, ás 20 horas na sede da Fundación Barrié (Cantón Grande, 9. A Coruña).
  • As conferencias son de entrada libre previa inscrición enviando un correo electrónico a: info@fbarrie.org ou accedendo a www.apd.es
  • O ciclo de conferencias “Galicia na encrucillada. Ciclo sobre demografía e futuro” foi inaugurado o pasado 17 de outubro por José María Arias Mosquera, presidente da Fundación Barrié e de APD Zona Noroeste cunha xornada na que participaron destacados expertos como Antonio Garrigues Walker; Antón Costas, Alejándro Macarrón, Alfonso Jiménez, Manuel Blanco, Andrés Precedo e Vicente Rodríguez. O de 20 novembro o ciclo continuou cunha conferencia de José Luis Cordeiro.

David López-Salido, director asociado do Departamento de Asuntos Monetarios da Reserva Federal estadounidense

A Coruña, 24 de novembro de 2017.- A nosa sociedade está a vivir un cambio demográfico que traerá consecuencias de grande impacto en todos os ámbitos, ao pór en cuestión aspectos tan fundamentais como a permanencia do actual modelo económico, a supervivencia do noso estilo de vida ou a propia sostibilidade do estado de benestar.

En España, e de xeito especial en Galicia, este debate cobra especial importancia pola preocupante evolución da pirámide de poboación. Debemos estar preparados, pois esta situación afectaranos sen ningunha dúbida como individuos, como cidadáns, como profesionais e como empresarios.

Conscientes da dimensión desta problemática e do seu impacto na nosa sociedade e nas nosas empresas, APD e a Fundación Barrié organizamos o ciclo titulado “GALICIA NA ENCRUCILLADA”, no que trataremos de dar resposta a cuestións sobre o que supón o cambio demográfico, cal é a situación en España e Galicia ou cara onde nos dirixe este envellecemento progresivo da poboación da man de máximos expertos nacionais e internacionais.

O ciclo foi inaugurado o pasado 17 de outubro por José María Arias Mosquera, presidente da Fundación Barrié e de APD Zona Noroeste cunha xornada na que participaron destacados expertos como Antonio Garrigues Walker; Antón Costas, Alejándro Macarrón, Alfonso Jiménez, Manuel Blanco, Andrés Precedo e Vicente Rodríguez. O 20 novembro o ciclo continuou cunha conferencia de José Luis Cordeiro para seguir coa conferencia de David López-Salido e un coloquio que terá lugar deseguido a cargo de destacados expertos de Galicia.

David López-Salido é economista e director asociado do Departamento de Asuntos Monetarios da Reserva Federal de EE.UU. así como co-autor do informe “Understanding the New Normal: The Role of Demographics” (https://www.federalreserve.gov/econresdata/feds/2016/files/2016080pap.pdf)

Nado en Córdoba en 1968. Estudou Ciencias Empresariais na institución universitaria ETEA, daquela adscrita á Universidade de Córdoba. Realizou estudos de posgrao no Centro de Estudos Monetarios e Financeiros (CEMFI), creado polo Banco de España en 1987 para dar resposta ás necesidades de formación de especialistas de alto nivel. Tras doutorarse en Economía Cuantitativa (1996), ingresou no Servizo de Estudos do Banco de España. Traballou tamén na Universidade de Stanford, o Banco de Finlandia, no primitivo Banco Central Europeo e no Banco de Inglaterra.
David López, primeiro español en traballar na Reserva Federal, é integrante do departamento de Estudos Monetarios e un dos máis de 250 economistas deste organismo que elabora os informes previos nos que se apoian as decisións de política monetaria da Fed. David López Salido foi responsable de coordinar as investigacións sobre o deseño e a implantación da política monetaria a longo prazo. Así mesmo, é un dos economistas encargados de elaborar o documento que se entrega aos membros do Comité Federal do Mercado de EEUU en cada unha das súas oito reunións anuais. En 2011 foi nomeado Director Adxunto do departamento de Asuntos Monetarios da Fed. Na actualidade é Director Asociado do devandito Departamento. 

PROGRAMA

Xoves, 30 de novembro, 2017 – 20 horas

Sede Fundación Barrié, A Coruña 

Entrada libre previa inscrición enviando un correo electrónico a: info@fbarrie.org ou accedendo a www.apd.es

20.00 h Apertura

José María Arias Mosquera
Presidente
FUNDACIÓN BARRIÉ E ZONA NOROESTE APD

20.10 h Conferencia

David López-Salido
Director Asociado
DEPARTAMENTO DE ASUNTOS MONETARIOS, RESERVA FEDERAL EE.UU.

20.55 h COLOQUIO

Interveñen: 

David López-Salido
Director Asociado
DEPARTAMENTO DE ASUNTOS MONETARIOS, RESERVA FEDERAL EE.UU.

Andrés Precedo
Catedrático de Xeografía Humana
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Venancio Salcines
Presidente
ESCOLA DE FINANZAS

Santiago Romero
Redactor xefe
LA OPINIÓN DE A CORUÑA

Carlos Punzón
Experto en demografía
LA VOZ DE GALICIA 

 

Para máis información e entrevistas previas, pregamos contacten con:
Suzana Mihalic / smihalic@fbarrie.org / 981 060 091 / 659 459 030