BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
DATA

Memoria Anual 2023

Memoria corporativa e edicións anteriores

SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse

CONTACTO DE PRENSA

Suzana Mihalic
Directora de Comunicación e Imaxe Corporativa


T. +34 981 060 091 / 659 459 030
smihalic@fbarrie.org


22-03-2020

A Fundación Barrié reabrirá as súas salas de exposicións ao público a partir de mañá, 26 de maio dende as 11h até as 14h e dende as 17h até as 20h. De forma excepcional as exposicións abrirán tamén luns, ofrecendo así a oportunidade de visitalas durante todos os días da semana.

© Fundación Barrié

A Fundación Barrié reabrirá as súas salas de exposicións ao público a partir de mañá, 26 de maio dende as 11h até as 14h e dende as 17h até as 20h. De forma excepcional as exposicións abrirán tamén luns, ofrecendo así a oportunidade de visitalas durante todos os días da semana.

“Chagall. Fábulas e soños”; “Francisco Llorens” e unha escolma de “A Colección de Pintura Contemporánea Internacional” son as exposicións que o público poderá visitar de novo.
Coa finalidade de garantir a seguridade dos seus usuarios e seguindo as recomendacións das autoridades sanitarias, a Fundación Barrié adoptou unha serie de medidas de seguridade e hixiene para a prevención de contaxios do COVID-19 e así preservar a saúde das persoas.

Algunhas destas medidas que todo visitante debe seguir son:

  • Uso obrigatorio da mascarilla en todo o recinto.
  • Obrigatorio desinfectar as mans á entrada do edificio. Así mesmo se habilitaron dispensadores de solución hidroalcohólica nos accesos ás salas.
  • Manter a distancia interpersoal de polo menos 2 metros.
  • Evitar tocar superficies.
  • Utilizar as escaleiras de forma prioritaria. Uso individual dos ascensores.
  • O aforo de acceso ás exposicións quedará reducido a un terzo da súa capacidade.
  • Os folletos en papel quedan substituídos polo formato dixital (códigos QR nas salas de exposición e www.fundacionbarrie.org).
  • De acordo coas restricións establecidas polas autoridades sanitarias, as visitas guiadas e os obradoiros didácticos seguen suspendidos.
 
Exposición temporal até o 28 de xuño: Marc Chagall. Fábulas e soños

A Fundación Barrié presenta a maior exposición de obra gráfica de Marc Chagall (Vítebsk, Imperio ruso, 7 de xullo de 1887 - Saint-Paul de Vence, Francia, 28 de marzo de 1985), un dos pintores e artistas gráficos máis importantes do século XX e un dos artistas máis inclasificables. O seu estilo pictórico tan persoal, cun profundo coñecemento expresivo da cor, está vinculado ás lembranzas da súa infancia, á natureza, á poesía, á fantasía e ao folclore xudeu e da vida no seu pobo natal.
Máis dun cento de obras ofrecerán un percorrido seriado da obra gráfica de Marc Chagall que, a través de catro series, cobren o período dende 1927 até 1968 e permiten ao visitante apreciar a evolución do artista ruso no manexo da prancha, así como o seu dominio das diferentes técnicas de impresión.
 
Exposición permanente: Francisco Llorens

A Sala LIorens da Fundación presenta, a través dun percorrido xenérico-cronolóxico non só a vertente máis coñecida do artista como egrexio pintor da xeografía galega que interioriza a paisaxe a través dun sentimento de identificación coa propia terra en resposta a unha concepción humanista da natureza, senón que tamén pon en valor outros xéneros abordados polo pintor coruñés ao longo da súa traxectoria e menos coñecidos polo gran público.
 
Exposición permanente: A Colección

A colección de arte contemporánea internacional da Fundación Barrié, iniciada en 2008, construíuse no marco do seu tradicional apoio ás Artes desde diversos ámbitos, defendendo que a pintura é unha idea e unha forma de pensar, en moitos casos, sobre a propia pintura, obrigándonos a reflexionar e repensar de xeito continuo o seu lugar, así como o porqué e o como seguir a pintar. A exposición amosa unha coidada escolma dalgunhas das obras máis representativas de artistas como Imi Knoebel; Jonathan Lasker; Fiona Rae; Jean-Marc Bustamante ou Ángela de la Cruz, por mencionar algúns.