BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
DATA

Memoria Anual 2023

Memoria corporativa e edicións anteriores

SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse

CONTACTO DE PRENSA

Suzana Mihalic
Directora de Comunicación e Imaxe Corporativa


T. +34 981 060 091 / 659 459 030
smihalic@fbarrie.org


O programa inclúe a convocatoria dun concurso de deseño dirixido a alumnado matriculado en ESO, Bacharelato e Formación Profesional, aberto desde o 15 de febreiro

15-02-2018

  • A Fundación Barrié e a Asociación Arela presentan, baixo o lema “2018: enreda na rede”, unha serie de actividades orientadas á toma de conciencia sobre o uso das novas tecnoloxías por parte dos adolescentes (as súas vantaxes, os seus inconvenientes e os riscos por un uso inadecuado ou excesivo: sexting, grooming, ciberacoso escolar, gambling…) así como a identificar, por parte da comunidade educativa e profesional, condutas inapropiadas, aprendendo estratexias para modificalas.
  • O programa inclúe unha xornada formativa para os profesionais da educación e a intervención social e un obradoiro para escolares de ESO e Bacharelato que se celebrarán o 3 de maio na sede da Coruña; así como un concurso de deseño sobre o bo uso das redes sociais no que os estudantes poden participar ata o 15 de abril.
  • Marc Masip Montaner, responsable do programa psicoeducativo contra a adicción ás novas tecnoloxías DESCONECTA, será un dos profesionais que participarán nestas actividades.
  • “2018: enreda na rede” forma parte de Ktorce 18, unha iniciativa da Fundación Barrié e da Asociación Arela, que ten como fin achegar a Lei do Menor á comunidade educativa (familias, estudantes e docentes) e que chegou a máis de 28.000 participantes desde a súa posta en marcha no ano 2012.

Programa "2018: enreda na rede" - KTORCE-18
© Fundación Barrié

A Coruña 14 de febreiro de 2018.- A Asociación Arela e a Fundación Barrié constatan, desde hai tempo, como se incrementaron as diferentes problemáticas relacionadas co uso polos máis xoves das novas tecnoloxías, así como a necesidade de realizar unha reflexión por parte do alumnado, docentes e profesionais da intervención, en xeral.
Por iso, baixo o lema “2018: enreda na rede”, realizaranse ao longo dos vindeiros meses, unha serie de actividades orientadas á toma de conciencia sobre o uso das novas tecnoloxías por parte dos adolescentes (as súas vantaxes, os seus inconvenientes e os seus riscos por un uso inadecuado ou excesivo: sexting, grooming, ciberacoso escolar, gambling…) así como a identificar, por parte da comunidade educativa e profesional, condutas inapropiadas aprendendo estratexias para modificalas.

CONCURSO DE DESEÑO

Co obxectivo de fomentar o debate na aula sobre o uso das novas tecnoloxías, e de que os estudantes reflexionen sobre a utilización das redes sociais, achegando a súa visión persoal, ponse en marcha un concurso de deseño baseado na creación dun slogan e unha representación gráfica sobre o bo uso das redes sociais entre adolescentes. O deseño máis valorado será utilizado para unha tirada de camisetas para a aula gañadora ou á que pertenza o seu autor/a.
Está dirixido ao alumnado matriculado durante o curso 2017-2018 en centros educativos de Galicia en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional Básica e Ciclos Medios de Formación Profesional, os cales poden presentar as súas propostas entre o 15 de febreiro e o 15 de abril de 2018.

Máis información e bases en:

http://www.fundacionbarrie.org/concurso-enredanarede-ktorce18
 
OBRADOIRO PARA ESTUDANTES DE ESO E BACHARELATO – PROGRAMA DESCONECTA

Marc Masip Montaner, responsable do programa psicoeducativo contra a adicción ás novas tecnoloxías DESCONECTA, impartirá un obradoiro destinado a estudantes de ESO e Bacharelato, de carácter participativo, e actividades que proporcionarán o grao de dependencia ás novas tecnoloxías.

Data: 3 de maio 2018
Lugar: sede da Fundación, A Coruña (Cantón Grande, 9)
Hora: xornada de mañá
Inscricións: 986 212 537 ana@arela.org
Actividade sen custo
 
XORNADA FORMATIVA PARA PROFESIONAIS

O mesmo 3 de maio, pola tarde, celebrarase na sede da Fundación Barrié da Coruña unha xornada formativa para os profesionais da educación e da intervención social, que ten como obxectivo xeral crear un espazo de formación e reflexión sobre o uso das redes sociais entre adolescentes e como inflúe nos centros educativos, para poder identificar condutas inapropiadas e aprender estratexias para modificalas, así como coñecer experiencias destacadas no ámbito de traballo do bo uso das novas tecnoloxías.
Tamén contará coa participación de Marc Masip Montaner, responsable do programa psicoeducativo contra a adicción ás novas tecnoloxías DESCONECTA, así como doutros profesionais vinculados a esta temática.

O prazo de inscrición á xornada abrirase a partir do mes de marzo.
 
PROGRAMA KTORCE-18 DE PREVENCIÓN DE CONDUTAS INFRACTORAS

“2018: enreda na rede” forma parte de Ktorce 18, unha iniciativa da Fundación Barrié e da Asociación Arela, que ten como fin achegar a Lei do Menor á comunidade educativa (pais e nais, alumnado e profesorado) e que chegou a máis de 28.000 participantes desde a súa posta en marcha no ano 2012.
O programa KTORCE-18, seguirá a ter o seu eixe fundamental da intervención no contexto escolar na realización de charlas, para o alumnado e profesorado, así como para familias, convocadas polos departamentos de Servizos Sociais dos Concellos de Galicia.
Esta intervención ten o obxectivo xeral de intentar previr a comisión de feitos delituosos entre adolescentes, así como dar a coñecer o contido da Lei do Menor á sociedade. As charlas Ktorce18 pódense solicitar directamente a través das webs das entidades organizadoras: www.fbarrie.org e https://www.arela.org.

Máis información en:

Web: http://arela.org/Noticias/a-asociacion-arela-e-a-fundacion-barrie-traballaran-este-ano-baixo-o-lema-q2018-enreda-na-redeq.html

Facebook: www.facebook.com/asociacionarela

Twitter: @AsociacionARELA

Asociación ARELA
Rúa: Ernesto Lecuona, 11 bajo. 36205 Vigo
Persoa de contacto: Julio Barreiro González
Teléfono: 986 21 25 37
 
Web: http://www.fundacionbarrie.org/Ktorce-18