BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
DATA

Memoria Anual 2022

Memoria corporativa e edicións anteriores

SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse

CONTACTO DE PRENSA

Suzana Mihalic
Directora de Comunicación e Imaxe Corporativa


T. +34 981 060 091 / 659 459 030
smihalic@fbarrie.org


Esta iniciativa lévase a cabo no marco do Programa Engánchate ao Voluntariado

11-10-2017

  • ENGÁNCHATE AO VOLUNTARIADO é una iniciativa promovida pola Fundación Barrié e a Asociación para a Prevención e a Educación Social (APES), en colaboración co centro penitenciario de Pereiro de Aguiar (Ourense), posta en marcha no 2016 para fomentar o voluntariado xuvenil entre estudantes de centros educativos de Ourense como unha alternativa de ocio positivo preventiva de condutas de risco. 
  • Un grupo de 7 internos do centro penitenciario de Pereiro de Aguiar (Ourense) organizaron e impartiron charlas informativas sobre os beneficios do voluntariado nas cales participaron máis de 160 estudantes dos centros educativos de Ourense Cardenal Cisneros, Divina Pastora, Santo Ángel e o centro de formación profesional Escola Santo Cristo.
  • O resultado deste proxecto foi a posta en marcha de catro accións sociais na cidade de Ourense, deseñadas por 74 escolares, e destinadas a: sensibilizar á cidadanía sobre a importancia da prevención de incendios forestais; formar nenos e nenas da Casa Fogar Berce “Os cativos” na materia de prevención de condutas violentas arredor do acoso escolar; concienciación sobre a realidade arredor de actos vandálicos; organización e puesta en marcha de xogos enfocados a exercitar a memoria, nos cales participaron os escolares do proxecto e persoas maiores do centro cívico Colón. 
  • O acto de clausura celebrarase o mércores 11 de outubro ás 11.00 horas no Espazo Xove de Ourense.

Programa Engánchate ao Voluntariado
© Fundación Barrié

A Coruña, 10 de outubro de 2017.- A asociación APES organiza o mércores 11 de outubro a clausura do proxecto ENGÁNCHATE AO VOLUNTARIADO na cal participaron un grupo de 7 internos do centro penitenciario de Pereiro de Aguiar (Ourense) e máis de 160 estudantes de 4 centros educativos da cidade de Ourense.
 
O acto terá lugar ás 11.00 horas no Espazo Xove de Ourense, (rúa Celso Emilio Ferreiro, 27).
 
ENGÁNCHATE AO VOLUNTARIADO  é unha iniciativa promovida pola Fundación Barrié e a Asociación para a Prevención e a Educación Social (APES), en colaboración co centro penitenciario de Pereiro de Aguiar (Ourense), posto en marcha no 2016 para fomentar o voluntariado xuvenil entre estudantes de centros educativos de Ourense como unha alternativa de ocio positivo preventiva de condutas de risco. 
 
Un grupo de 7 internos do centro penitenciario de Pereiro de Aguiar (Ourense) organizaron e impartiron charlas informativas sobre os beneficios do voluntariado nas cales participaron máis de 160 estudantes dos centros educativos de Ourense Cardenal Cisneros, Divina Pastora, Santo Ángel e o centro de formación profesional Escola Santo Cristo.
 
O resultado deste proxecto foi a posta en marcha de catro accións sociais na cidade de Ourense deseñadas por 74 escolares destinadas a:

  • Sensibilizar a cidadanía sobre a importancia da prevención de incendios forestais.
  • Formar a nenos e nenas de Casa Fogar Berce “Os cativos” na materia de prevención de condutas violentas arredor do acoso escolar, por medio de xogos didácticos.
  • Realización de enquisas e entrega de folletos, para concienciar a cidadanía de Ourense sobre a realidade arredor dos actos vandálicos.
  • Organización e puesta en marcha de xogos enfocados a exercitar a memoria, nos que participaron os escolares participantes no proxecto e persoas maiores do centro cívico Colón.  
A clausura do proxecto, que terá lugar mañá, contará coa intervención de representantes da Fundación Barrié, APES, o centro penitenciario de Pereiro de Aguiar, e unha entidade de Ourense que falará sobre voluntariado. Este acto servirá para que alumnos e alumnas dean a coñecer as accións de voluntariado nas cales participaron e conten a súa experiencia ao se implicaren nas accións sociais que deseñaron.
 
APES - Asociación para a Prevención e a Educación Social 
 
En APES traballamos desde o ano 2008 para fomentar a prevención social e facémolo desde 3 liñas de actuación: unha, centrada no deseño de proxectos socioeducativos que sirvan como ferramenta de prevención primaria, outra na atención e orientación a persoas desempregadas, para evitar que atravesen situacións de vulnerabilidade e por último no acompañamento nos procesos de cambio das persoas reclusas para previr a súa reincidencia no delito.
 
Máis información:  http://www.apesasociacion.org/voluntariado_fundacion_barrie_es.html

FUNDACIÓN BARRIÉ

A Fundación Barrié apoia programas e actividades que buscan reducir riscos e potenciar medidas de protección para previr o desenvolvemento de situacións consideradas socialmente problemáticas, tratando con iso de eliminar as causas que as xeran a través de propostas educativas baseadas no coñecemento e na experiencia.
 
www.fbarrie.org

RECURSOS DISPONIBLES

Imaxes