BUSCAR
Memoria Anual 2022
IDENTIDADE VISUAL CORPORATIVA
SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER
Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié
Subscribirse
CONTACTO DE PRENSA
Suzana Mihalic
Directora de Comunicación e Imaxe Corporativa
T. +34 981 060 091 / 659 459 030
smihalic@fbarrie.org
A Fundación Barrié crea un novo programa de Bolsas de investigación internacional durante o verán para estudantes universitarios galegos
-
A Fundación Barrié crea el Summer Undergraduate Research Fellowship Program, un programa de bolsas de investigación internacional durante o verán, co obxectivo de que estudantes universitarios galegos poidan adquirir experiencia en institucións de referencia internacional, incrementar os seus coñecementos e orientar a súa carreira profesional.
-
A 1.ª edición está dirixida a estudantes galegos de 2.º e 3.º curso de titulacións universitarias en Ciencias da Vida para a realización de prácticas de investigación remuneradas no Departamento de Microbioloxía e Inmunoloxía do Louisiana State University Health Sciences Center (EE UU).
1.ª CONVOCATORIA:
É un pracer establecer esta colaboración coa Fundación Barrié e acoller estudantes universitarios galegos na nosa Universidade. Esperamos que este programa lles axude a adquirir experiencia en diferentes eidos da Microbioloxía e a Inmunoloxía ademais de formárense para falar en público. Estamos seguros de que este programa será un grande éxito e de que animará aos estudantes a integrarse nos nosos programas de doutoramento e de Medicina. Oxalá este sexa o principio dunha colaboración moi produtiva coa Fundación Barrié.
Dr. Martin Sapp
Mingyu Ding Memorial Professor
Catedrático e Xefe de Departamento de Microbioloxía e Inmunoloxía
Director, Center for Molecular Tumor Virology Feist Weiller Cancer Center
LSU Health Sciences Center, Shreveport
Nesta convocatoria, a Fundación Barrié contou co apoio de Mónica Cartelle Gestal, bolseira da Fundación Barrié no 2008 para unha estancia posdoutoral no Centre of Biomolecular Sciences da University of Nottingham, Reino Unido, onde traballou na área do quorum sensing. Foi galardoada co prestixioso programa intra-europeo Marie Curie, ademais dunha bolsa Prometeo que lle permitiu ser investigadora principal en Ecuador. Tras traballar como Investigadora Posdoutoral no Departamento de Enfermidades Infecciosas de UGA, University of Georgia, actualmente é profesora de Microbioloxía e Inmunoloxía no Louisiana State University Health Sciences Center, en Shreveport, Estados Unidos.
Hai moitos anos, cando a confianza en min mesma estaba esmorecendo, a Fundación Barrié confiou en min e proporcionoume unha bolsa para estudar na Nottingham University. Dende aquela o meu camiño levoume a distintas partes do mundo, cada vez máis lonxe da miña querida Galicia, da miña terra, da miña familia. Mais a Fundación Barrié sempre estivo aí, ao longo do meu camiño, apoiándome. Agora, de novo, apoiáronme nesta iniciativa para poder traer un pouco de Galicia aquí, a Shreveport, e poder darlles aos mozos galegos a oportunidade de gozar dunhas bolsas de verán que expandan as súas posibilidades e que lles abran portas para o seu futuro. Cando me convertín en bolseira da Barrié, pasei a formar parte dunha familia cuxo desexo é traer a Galicia coñecemento; agora é a miña oportunidade de facelo mediante este programa de bolsas. O meu desexo é que este programa creza e lles proporcione aos mozos galegos unha perspectiva onde os seus horizontes sexan máis largacíos e as súas posibilidades o mundo.
Mónica Cartelle Gestal
Assistant Professor, LSU Health Sciences Center, Shreveport
Convocatoria 2008 Bolsas Posgrao no Estranxeiro
Entre outros conceptos, a dotación económica inclúe a remuneración, a viaxe de ida e volta a Shreveport, en Louisiana, seguro médico e unha axuda para gastos de manutención.
Prazo de presentación de solicitudes: 25 de novembro de 2020 – 25 de xaneiro de 2021
As bases completas e formularios de solicitude están dispoñibles en www.fundacionbarrie.org.
RECURSOS DISPONIBLES
Imaxes