BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
DATA

Memoria Anual 2023

Memoria corporativa e edicións anteriores

SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse

CONTACTO DE PRENSA

Suzana Mihalic
Directora de Comunicación e Imaxe Corporativa


T. +34 981 060 091 / 659 459 030
smihalic@fbarrie.org


07-02-2020

A directora da Fundación Barrié, Carmen Arias, co equipo gañador da II Edición do Debate Académico de Galicia, o CPR Compañía de María

A Coruña, 7 de febreiro de 2020.-  Na final, celebrada hoxe, 7 de febreiro ás 18.30h no auditorio da Fundación Barrié na Coruña, o xurado decidiu que o equipo do “CPR Compañía de María 1”  da Coruña sexa proclamado gañador da II Edición do Torneo de Debate Académico de Galicia (TDAG), organizado pola Fundación Barrié.

 
Na final, o equipo gañador enfrontouse ao equipo do “CPR Santa María do Mar” (A Coruña) que ocupan o 2º lugar.
 
"Democracia vs. tecnocracia, que sistema de goberno é máis axeitado para afrontar os retos do século XXI nos países membros da Unión Europea?" foi a complexa pregunta que 300 estudantes de 36 colexios de toda Galicia debateron ao longo das últimas dúas semanas na II Edición do Torneo de Debate Académico de Galicia (TDAG), organizado pola Fundación Barrié.
 
Esta segunda edición do TDAG, organizada pola Fundación Barrié co obxectivo de mellorar a expresión oral e fomentar o pensamento crítico dos estudantes de Ensino Secundario Obrigatorio (ESO) e Bacharelato de Galicia, contou coa participación de 300 estudantes e 51 profesores de 36 colexios de toda Galicia, agrupados en 60 equipos.
 
Todos os centros escolares participantes no II TDAG recibiron formación en oratoria e debate ao longo dos últimos meses coa finalidade de que, nunha primeira fase, os profesores poidan exercer como guías do alumnado durante o período de preparación da pregunta de debate.
 
O II TDAG ofrece, así, a todos os centros de Galicia unha ferramenta educativa integral, de grande utilidade tanto para a vida académica como para a vida persoal do alumnado.
 
TODOS OS COLEXIOS PARTICIPANTES NO II TDAG:
 
1.         CPR San José-FEC (Lugo)
2.         IES de Becerreá (Becerreá)
3.         IES Eduardo Blanco Amor (Ourense)
4.         Castro British School (Mos)
5.         CPR San José de Cluny (Santiago de Compostela)
6.         CPR Compañía de María (A Coruña)
7.         CPR Santo Domingo (A Coruña)
8.         CPR Eirís (A Coruña)
9.         CPR Colegio Estudio (Nigrán)
10.        IES Eusebio da Guarda (A Coruña)
11.        CPR Sagrada Familia (Filipenses) (Villagarcía de Arousa)
12.        CPR Fingoy (Lugo)
13.        CPR Fogar de Santa Margarida (A Coruña)
14.        CPR Franciscanos (A Coruña)
15.        CPR La Salle (Santiago de Compostela)
16.        CPR Liceo La Paz (A Coruña)
17.        CPR Cristo Rey (Maristas) (A Coruña)
18.        CPR Santa María (Maristas) (Ourense)
19.        IES Monte Neme (Carballo)
20.        CPR Montespiño (A Coruña)
21.        IES O Castro (Vigo)
22.        CPR Obradoiro (A Coruña)
23.        IES Nosa Señora dos Ollos Grandes (Lugo)
24.        CPR Peñarredonda (A Coruña)
25.        CPR Eduardo Pondal (Cangas)
26.        IES Eduardo Pondal (Santiago de Compostela)
27.        IES Rego de Trabe (Culleredo)
28.        IES Salvador de Madariaga (A Coruña)
29.        CPR Santa María Del Mar (A Coruña)
30.        IES Sardiñeira (A Coruña)
31.        CPR SEK Atlántico (Poio)
32.        IES Soutomaior (Soutomaior)
33.        IES A Xunqueira II (Pontevedra)
34.        IES Ramón Menéndez Pidal (Zalaeta) (A Coruña)
35.        CPI Zas (Zas)
36.        CPR Plurilingüe Montesol (Vigo)
 

RECURSOS DISPONIBLES

Imaxes