BUSCAR
Ler o Pórtico da Gloria: un estudo astístico, histórico e iconográfico
22/05/2020
A Fundación Barrié, promotora do proxecto de restauración do Pórtico da Gloria, pon a disposición do público unha serie de unidades didácticas que teñen como obxectivo ampliar o coñecemento sobre as diferentes facetas do monumento. Estas unidades didácticas non só van dirixidas á comunidade educativa mais tamén ao ámbito familiar, achegando o Pórtico da Gloria ao público de todas as idades.
Esta unidade didáctica enmárcase nun proxecto máis ambicioso que reúne dúas tendencias a través do estudo de obras puntuais da Historia da Arte: aprender a percibir e apreciar a Arte, o belo e, por outra banda, aprender que a Arte é un produto dos homes e mulleres dunha época e dunha mentalidade determinadas, cuxos valores universais poden ser traídos aos nosos días.