BUSCAR
Memoria Anual 2023
IDENTIDADE VISUAL CORPORATIVA
SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER
Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié
Subscribirse
CONTACTO DE PRENSA
Suzana Mihalic
Directora de Comunicación e Imaxe Corporativa
T. +34 981 060 091 / 659 459 030
smihalic@fbarrie.org
Estas actividades diríxense a entidades do Terceiro Sector Social
-
A Fundación Barrié organiza un Obradoiro de Comunicación, que se celebrará en Vigo o 26 de setembro e que ten como obxectivo proporcionar ás entidades sociais consellos prácticos e ferramentas que lles permitan facer máis efectivas as súas accións de comunicación.
-
Especialistas en comunicación no Terceiro Sector Social achegarán as súas experiencias e recomendacións sobre aspectos significativos do plan de comunicación (a nota de prensa, a importancia dunha boa base de datos), éxitos e fracasos en eventos en entidades sen ánimo de lucro, ou ferramentas útiles para a xestión da comunicación.
-
É unha actividade gratuíta previa inscrición ata o 19 de setembro a través da web da Fundación Barrié.
A Coruña, 7 de setembro de 2017.- A partir de hoxe, as entidades galegas do Terceiro Sector Social poden inscribirse no Obradoiro de Comunicación que a Fundación Barrié organiza na súa sede de Vigo o próximo 26 de setembro.
OBRADOIRO DE COMUNICACIÓN: CONSELLOS PARA O DÍA A DÍA
Cun enfoque de carácter práctico, este obradoiro ten como obxectivo proporcionar ás entidades sociais consellos e ferramentas que lles permitan facer máis efectivas as súas accións de comunicación.
Data: 26 de setembro de 2017
Horario: 9.00 h. – 14.30 h.
Lugar: Vigo (Fundación Barrié, Policarpo Sanz 31)
Prazo de solicitude: ata o 19 de setembro
Inscricións só on-line a través de
http://formularios.fundacionbarrie.org/?id=17
Nº de participantes: ata completar a capacidade do recinto.
No obradoiro participarán as siguientes especialistas en comunicación no Terceiro Sector Social:
Suzana Mihalic. Directora de Comunicación e Imaxe Corporativa da Fundación Barrié
Plan de comunicación. Dous aspectos significativos:
- A nota de prensa
- A importancia dunha boa base de datos de medios de comunicación
María Tomé. Directora de Comunicación de FEDER – Federación Española de Enfermidades Raras
Eventos en entidades sen ánimo de lucro: visión práctica de éxitos e fracasos
Virginia Castrejana, Coordinadora de proxectos, Social Co., especialista en comunicación en temas sociais
A caixa de ferramentas para a xestión da comunicación
Máis información:
http://www.fundacionbarrie.org/comunicar-mejor