BUSCAR
Memoria Anual 2022
IDENTIDADE VISUAL CORPORATIVA
SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER
Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié
Subscribirse
CONTACTO DE PRENSA
Suzana Mihalic
Directora de Comunicación e Imaxe Corporativa
T. +34 981 060 091 / 659 459 030
smihalic@fbarrie.org
A Fundación Barrié acolle esta semana o VIII Concurso Galego de Robótica A Maxia da Robótica, no cal participarán preto de 2.235 alumnos e 100 profesores de 62 centros de toda Galicia
A Fundación Barrié e Igaciencia organizan o VIII Concurso Galego de Robótica A Maxia da Robótica, que se desenvolverá na sede da Fundación Barrié en Vigo e A Coruña.
Obradoiros Vigo: do 12 ao 15 de abril. De 9h a15h e de 16h a 18h
Obradoiros A Coruña: do 18 ao 22 de abril. De 9h a15h e de 16h a 18h
Proba final e entrega de premios. A Coruña, martes 26 de abril, de 10h a 13 h, para os equipos gañadores.
A Coruña, 11 de abril de 2016.- A Fundación Barrié e a Institución Galega da Ciencia (IGACIENCIA) organizan en Vigo esta semana, do martes 12 ao venres 15 de abril e na Coruña, do luns 18 ao venres 22 de abril, o VIII Concurso Galego de Robótica A Maxia da Robótica, no cal participarán preto de 2.235 alumnos e 100 profesores de 62 centros educativos de toda Galicia, de educación secundaria e terceiro ciclo de educación primaria.
O obxectivo do obradoiro A maxia da robótica é achegar á xente nova e á cidadanía en xeral ao mundo da robótica, mediante a montaxe de sinxelos robots, facéndoo comprensible e resaltando a súa importancia e as implicacións no seu propio futuro. Para iso, bríndase a oportunidade de participar en grupo na montaxe e programación dun robot móbil cun kit de LEGO. Dun xeito sinxelo e divertido o alumnado participante familiarizarase tanto cos robots como coa linguaxe da robótica. Para este obradoiro non cómpre ter coñecementos en programación nin en electrónica previos, pois a electrónica está integrada nun ladrillo intelixente e a programación realízase nun contorno visual sinxelo para que ata os máis pequenos poidan construír e deseñar os seus robots dando paso, despois da montaxe, á parte de programación.
Ao tempo que se pretende que sintan a paixón pola aprendizaxe, os rapaces e rapazas participantes intégranse nun grupo no cal deben compartir obxectivos e realizar un traballo colaborativo para poder resolver os desafíos que se lles propón ao longo da experiencia. Ao remate do obradoiro, de dúas horas de duración, cada grupo terá acadado un número de puntos que lle permitirán optar aos premios do VIII Concurso Galego de Robótica 2016.
Tanto a robótica como a programación introducíronse en Galicia como materias optativas desde este curso, polo que estas actuacións cobran máis sentido e maior interese pois xa poden ser consideradas curriculares. Así mesmo, o emprego dixital será en 2020 o maior nicho de emprego, tanto en Galicia como no resto de España e Europa.
O certame puxo de manifesto a grande implicación no concurso dos alumnos con menor motivación cara ao estudo, a importancia do equipo e non do individuo e a gran relevancia das competencias transversais nesta competición (traballo en equipo, negociación, liderado, competencia, etc.)
A Institución Galega da Ciencia (IGACIENCIA) vén promovendo e organizando esta actividade que se desenvolveu, en anos anteriores, coa colaboración dos Concellos respectivos, nas cidades de Lugo, Santiago, Burela e Lugo, de novo. É o quinto ano consecutivo que a Fundación Barrié acolle esta iniciativa, no marco de educaBarrié, o seu espazo de relación coa comunidade educativa que aglutina toda a oferta educativa, neste caso no eido da súa actividade de divulgación da ciencia. A Fundación esfórzase por achegar a ciencia aos escolares e fomentar novas vocacións científico-tecnolóxicas, cun programa de actividades ao longo do curso escolar, (www.fundacionbarrie.org) nunha nova mostra máis do sólido compromiso da Fundación Barrié coa investigación en Galicia.
A participación aumentou notablemente este ano, de tal maneira que no primeiro día de inscrición esgotáronse todas as prazas da semana e foi necesario clausurar a inscrición. Ver http://www.igaciencia.eu. IGACIENCIA é unha asociación entregada á difusión e promoción da Ciencia, sobre todo a nivel de primaria e secundaria. Entre as actividades que promove figuran os Obradoiros Concurso Galego de Robótica, o congreso de Software Libre para Educación, os Rallys de matemáticas e Ciencias a nivel internacional, exposicións propias de Arte e Ciencia e a publicación periódica das súas revistas Labirinto e Labirinto DixitalHYPERLINK "http://www.labirintos.eu/".
COLEXIOS PARTICIPANTES EN VIGO:
MARTES 12:
De 9 a 11: Colexio Casa de la Virgen Cangas / Colexio Marcote
De 10 a 12: Colexio Los Sauces Vigo / IES a Guía. Vigo
De 11 a 13: IES Ponte Caldelas
De 12 a 14: IES Nº 1 Ribeira
De 13 a 15: IES Escolas Proval
De 16 a 18: Asociación Escola Rosalía de Castro/ Colegio Niño Jesús de Praga
MÉRCORES 13
9 a 11: CPI Covaterreña Baiona
10 a 12: Colexio Plurilíngüe Divina Pastora, Ourense.
11 a 13: IES Santo Tomé Freixeiro Vigo
12 a 14: IES Alexandre Bóveda Vigo
13 a 15: IES Otero Pedrayo de Ourense / IES de Teis-Vigo /IES A Paralaia
16 a 18: IES Politécnico de Vigo
XOVES 14
9 a 11: IES Rosais 2 Vigo
10 a 12: IES Torrente Ballester Pontevedra
11 a 13: Colexio Niño Jesus de Praga
12 a 14: IES de Tomiño
13 a 15: IES Pérez Tizón. Tui
16 a 18: Colexio Padre Míguez
VENRES 15
9 a 11: Colexio Apóstol Santiago Vigo
10 a 12: CPR Plurilingüe Santiago Apóstol, Ponteareas.
11 a 13: IES Beade
12 a 14: IES Valle Inclán. Pontevedra
13 a 15: CPI Castroverde
COLEXIOS PARTICIPANTES NA CORUÑA:
LUNS 18
9 a 11: IES Urbano Lugrís, Malpica / IES Plurilingüe Elviña
10 a 12: IES Viós Abegondo
11 a 13: IES Monte Neme, Carballo
12 a 14: IES Marqués de Sargadelos / Ceip de Cervo / IES Poeta Díaz Castro
13 a 15: CPI Virxe da Cela de Monfero
16 a 18: Colexio Santo Domingo FESD, A Coruña
MARTES 18:
9 a 11: Colexio Compañía de María, Santiago
10 a 12: IES Sofía Casanova, Ferrol
11 a 13: IES Concepción Arenal, Ferrol
12 a 14: IES Ricardo Carballo Calero, Ferrol
13 a 15: IES Ramón Caamaño, Muxía
16 a 18: CPR Jesús Maestro
MÉRCORES 20:
9 a 11: IES Isaac Diaz Pardo, Sada
10 a 12: IES Menéndez Pidal. A Coruña
11 a 13: CPI San Sadurniño
12 a 14: IES Francisco Asorey. Cambados
13 a 15: IES A Pinguela. Monforte
16 a 18: IES de Meaño
XOVES 21:
9 a 11: IES Agra do Orzán. A Coruña
10 a 12: IES de Ortigueira
11 a 13: CPI de Atios Valdoviño
12 a 14: IES Eusebio da Guarda. A Coruña
13 a 15: CPI Luís Díaz Moreno. Baralla
16 a 18: CPR San José Pontedeume
VENRES 22:
9 a 11: IES de Breamo. Pontedeume
10 a 12: IES Terra de Trasancos. Narón / IES Muralla Romana, Lugo
11 a 13: IES Agra de Leborís. A Laracha
12 a 14: IES Perdouro. Burela / IES Alfoz de Valadouro
13 a 15: IES A Cachada. Boiro
16 a 18: IES Fonmiñá. A Pastoriza